STOPlásticosé o proxecto de centro elexido para levar a cabo durante o curso escolar 2019/2020.

Nace co principal obxectivo de concienciar e mobilizar á comunidade educativa para a redución do plástico na vida cotiá.

O cambio climático é o maior desafío do noso tempo e agora atopámonos nun momento decisivo para facer algo ao respecto. Aínda estamos a tempo de facer fronte ao cambio climático, pero esto requirirá un esforzo sin precedentes por parte de todos os sectores da sociedade.(NU-2019)

Comezamos na “Semana Mundial da Acción polo Clima” da man de TEACHERS FOR FUTURE SPAIN co seguinte programa de actividades:

Desde Teachers for Future Spain, convídannos a participar no programa “RECREOS RESIDUO CERO” que comezará este curso 2019/2020.

Dito programa consiste en motivar ao alumnado para que nos seus xantares ou merendas non haxa residuo, ou sexa o mínimo posible. Para elo deberán usar envases retornables como friameira para sólidos e cantimploras para a augua a fín de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos, papel de aluminio, etc.

Tendo en conta que a primeira “R” da ecoloxía é a REDUCIÓN, os docentes temos un papel importante incentivando esa redución de residuo dunha forma sinxela.

Unha nova medida para a redución dos plásticos. Adqurimos unas taciñas para suplir aos antigos vasos de plástico.

Celebramos o Samaín/Halloween pero sin esquecer o noso compromiso

Aproveitamos plástico para decorar os murais de Nadal

Seguimos traballando o “R” de Reutilizar. Esta vez para a decoración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia

Os profes no Entroido afianzando o proxecto

Recoñecemento ao traballo.

Recoñecemento ao traballo.