Fondo solidario para adquirir libros de texto e material escolar.

EN

PRAZO

A Xunta acaba de publicar no DOGA a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24.

Prazo: 20 de maio – 21 de xuño 2023

a) Participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en:

  • 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP)
  • 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde..

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Presentación de solicitudes .

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (modelo ED330B) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O formulario de solicitude (modelo ED330B) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal.

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Ayudas para alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo

EN

PRAZO

Extracto de la Resolución de 13 de mayo de 2022, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2022-2023.

Prazo: 08 de mayo – 20 de septiembre 2023

Concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar

FORA DE

PRAZO

O concello abre prazo para solicitar axudas para libros de texto, material escolar e prazas de comedor.

OConcello de Ourense abre o prazo, logo da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia [BOP- 21 de abril], para que as familias ourensás poidan solicitar axudas para adquirir libros de texto, material escolar e para prazas de comedor escolar durante o próximo curso 2023/2024. O prazo de solicitude remata o vindeiro luns, 15 de maio -incluído-.

Convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022

FORA DE

PRAZO

A Xunta abre o prazo.

Prazo: 24 de agosto a 23 de setembro

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal (código de procedemento ED311E) correspondentes ao curso 2021/22 para o alumnado que finalizase os estudos de educación secundaria obrigatoria neste curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de
Galicia, e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

A finalidade destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e á dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal

Máis información en Premios ao esforzo

Bono coidado, unha axuda para a conciliación familiar.

FORA DE

PRAZO

A Xunta abre o prazo para solicitar o Bono Coidado.

Prazo: 11 de xullo a 30 de setembro

O Bono Coidado é unha axuda económica que serve para atender as necesidades puntuais de conciliación que teñen as familias.

Poderán beneficiarse as familias con nenos e nenas menores de 13 anos que residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

Máis información en Bono Coidade

Bolsas de estudo curso 2022-2023

Fóra de

PRAZO

Real Decreto 154/2022, de 22 de febrero, por el que se establecen los umbrales de renta y patrimonio familiar y las cuantías de las becas y ayudas al estudio para el curso 2022-2023, y se modifica parcialmente el Real Decreto 1721/2007, de 21 de diciembre, por el que se establece el régimen de las becas y ayudas al estudio personalizadas

Prazo: ata o 12 de maio

1. Convocatoria de becas y ayudas al estudio de carácter general, dirigidas a las
siguientes enseñanzas:
a) Bachillerato.
b) Formación Profesional de Grado Medio y de Grado Superior, incluidos los
estudios de Formación Profesional realizados en los centros docentes militares.
c) Enseñanzas Artísticas Profesionales.
d) Enseñanzas Deportivas.
e) Enseñanzas Artísticas superiores.
f) Estudios Religiosos superiores.
g) Enseñanzas de idiomas realizadas en escuelas oficiales de titularidad de las
administraciones educativas, incluida la modalidad de distancia.
h) Cursos de acceso y cursos de preparación para las pruebas de acceso a la
Formación Profesional y cursos de formación específicos para el acceso a los ciclos
formativos de Grado Medio y de Grado Superior impartidos en centros públicos y en centros
privados concertados que tengan autorizadas enseñanzas de Formación Profesional.
i) Ciclos formativos de Grado Básico.
j) Enseñanzas universitarias conducentes a títulos oficiales de Grado y de Máster,
incluidos los estudios de Grado y Máster cursados en los centros universitarios de la
Defensa y de la Guardia Civil.
k) Curso de preparación para el acceso a la universidad de mayores de veinticinco
años impartido por universidades públicas.
l) Créditos complementarios o complementos de formación necesarios para el
acceso u obtención del Máster y del Grado.
2. Convocatoria de ayudas al estudio para estudiantes con necesidad específica de apoyo educativo.

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2020/21

FORA DE

PRAZO

ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21

Prazo: 7 de xuño – 6 de xullo de 2021

Alumnado que cursase durante o ano académico 2020/21 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado.

FORA DE

PRAZO

A Xunta acaba de publicar no DOGA a orde que regula o acceso ás máscaras de protección a disposición do alumnado de Primaria. ESO e Bacharelato.

Prazo: 16 de novembro – 27 de novembro 2020

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra
algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Presentación de solicitudes .

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente.

b) No portal educativo da Xunta

Atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos

FORA DE

PRAZO

Bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Prazo: 28 de xullo – 27 de agosto de 2020

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono concilia as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e mais no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:

a) Facilitar aos órganos competentes toda a información necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da axuda concedida, particularmente a que sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede.

c) Comunicar calquera alteración das condicións que motivaron o seu outorgamento.

d) Subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei..

Axudas para libros e comedores escolares para o curso 2020/2021

FORA

DE PRAZO

O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021.

Plazo: 22/06/2020 – 13/07/2020

Son destinatarios desta convocatoria, nos termos do artigo 4 das bases xerais reguladoras, as unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros:
  • Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
  • Non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con que convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia).

BONO COIDADO EXTRAORDINARIO PARA A INFANCIA

FORA

DE PRAZO

Axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19

Plazo: 13/06/2020 – 13/07/2020

Importe: 500€/mes desde a segunda quincena de marzo ata o 31 de agosto. É dicir, cada familia pode cobrar ata 2.750€.
Finalidade: Pagar a nómina dun coidador a domicilio, ben sexa directamente ou a través dunha empresa. O contato ten que ser posterior á declaración de emerxencia sanitaria
Destinatarios: Familias con fillos de ata 12 anos (estes incluídos), nas que os pais traballen
Requisitos de renda: Ata 806 euros mensuais netos por membro da unidade familiar. Para familias con tres membros ou menos, ata 2.500 mensuais netos en conxunto

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da xornada de traballo.

FORA

DE PRAZO

Plazo: 13/06/2020 – 13/07/2020

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas, que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %, e que reúnan certos riquisitos. Clica en máis información.

BONO COIDADO EXTRAORDINARIO PARA A DEPENDENCIA

FORA

DE PRAZO

Concesión das axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19

Prazo: 13/06/2020 – 13/07/2020

Importe: 500 €/mes desde a segunda quincena de marzo ata o 31 de agosto. É dicir, cada familia pode cobrar ata 2.750 €.
Finalidade: Pagar a nómina dun coidador a domicilio, ben sexa directamente ou a través dunha empresa. O contrato ten que ser posterior á declaración de emerxencia sanitaria
Destinatarios: Persoas maiores ou con discapacidade usuarias dun centro de día ou ocupacional (tanto público como privado)
Requisitos de renda: Non hai

Axudas ás familias de alumnado beneficiario das bolsas de comedor

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19