ESTIMADAS FAMILIAS;

O día internacional da Familia foi instaurado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) xa no ano 1993.

Hoxe venres 15 de Maio, en “condicións normais”, celebrariamos por 1ª vez no noso centro o DÍA DA FAMILIA.

Era para nós unha nova iniciativa que este curso escolar afrontabamos, dentro do noso proxecto educativo e empresarial con emoción, creatividade e espírito cooperativo.

Cando planificabamos esta celebración comezabamos pensando no sentido mesmo da palabra: FAMILIA.

FAMILIA son un grupo de membros felices baixo un mesmo teito.

FAMILIA é un lugar onde cada membro asume responsabilidades, axuda ao benestar, ao desenvolvemento e á felicidade dos demais compoñentes.

FAMILIA son eses compoñentes  que participan de intereses, gustos, afeccións, … interesándose os uns polos outros.

FAMILIA é ese lugar ideal para forxar valores humanos, que non se compran, senón que se viven e danse como o  mellor que podemos ofrecer.

Sorprendíanos como esas definicións daban sentido tamén ao noso espírito de centro, centro que non sería posible sen as familias que completan a comunidade educativa que SOMOS.

Por  iso , e a pesar das “circunstancias actuais”, preparamos  un “vídeo-lembro” , coas  vosas  e as nosas imaxes e voces unidas , pois a pesar dos pesares, non podiamos deixar pasar a ocasión para celebrar XUNTOS que, hoxe máis que nunca:

TODOS SOMOS FAMILIA LUÍS VIVES