Axudas para libros e comedores escolares para o curso 2020/2021

O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021.

Plazo: 22/06/2020 – 13/07/2020

Son destinatarios desta convocatoria, nos termos do artigo 4 das bases xerais reguladoras, as unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros:
  • Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
  • Non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con que convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia).
Solicitude
Máis información

BONO COIDADO EXTRAORDINARIO PARA A INFANCIA

Axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19

Plazo: 13/06/2020 – 13/07/2020

Importe: 500€/mes desde a segunda quincena de marzo ata o 31 de agosto. É dicir, cada familia pode cobrar ata 2.750€.
Finalidade: Pagar a nómina dun coidador a domicilio, ben sexa directamente ou a través dunha empresa. O contato ten que ser posterior á declaración de emerxencia sanitaria
Destinatarios: Familias con fillos de ata 12 anos (estes incluídos), nas que os pais traballen
Requisitos de renda: Ata 806 euros mensuais netos por membro da unidade familiar. Para familias con tres membros ou menos, ata 2.500 mensuais netos en conxunto

Máis información
Presentación electrónica

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da xornada de traballo.

Plazo: 13/06/2020 – 13/07/2020

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas, que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %, e que reúnan certos riquisitos. Clica en máis información.

Máis información
Pesentación electrónica

BONO COIDADO EXTRAORDINARIO PARA A DEPENDENCIA

Concesión das axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19

Prazo: 13/06/2020 – 13/07/2020

Importe: 500 €/mes desde a segunda quincena de marzo ata o 31 de agosto. É dicir, cada familia pode cobrar ata 2.750 €.
Finalidade: Pagar a nómina dun coidador a domicilio, ben sexa directamente ou a través dunha empresa. O contrato ten que ser posterior á declaración de emerxencia sanitaria
Destinatarios: Persoas maiores ou con discapacidade usuarias dun centro de día ou ocupacional (tanto público como privado)
Requisitos de renda: Non hai

Máis información

Axudas ás familias de alumnado beneficiario das bolsas de comedor

FORA DE PRAZO

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19

Máis información