A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia matriculado no réxime xeral de:
– 1º, 2º, 3º e 4º ESO.
– 1º e 2º Bacharelato

Prazo aberto do 21 de febreiro ata o 20 de marzo (ambos incluídos)

Requisitos:

– Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos durante o curso 2018-2019, na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
– Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2017-2018.
– Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/2018.
– Ter DNI (excepto menores de 14 anos), ou NIE en vigor, segundo corresponda. No seu caso, dispoñer de pasaporte e documentación que permita viaxar ao estranxeiro

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (2 MANEIRAS)

1-  A través da Sede Electrónica

2- En soporte papel