Desde fai algúns cursos somos Centro Examinador de Trinity College London, para proporcionar ao noso alumnado a oportunidade de obter un certificado oficial de inglés oral a nivel internacional.

Os exames van dirixidos a todo o alumnado do Centro e están baseados nunha entrevista persoal cun examinador nativo de fala inglesa proporcionado polo Trinity College London.

Inbformámoslles que o exame GESE (basado nunha entrevista personal cun examinador nativo de fala inglesa) proporcionado por o Trinity College London, levarase a cabo no noso centro o próximo 12 de xuño, mércores en horario de 11:30 h. a 14:20 h (15 minutos máximo por alumno)

Para dito exame é imprescindible que os alumnos acudan co sue DNI, ou documento acreditativo. Así mesmo, os alumnos dos niveis IV, V y VI deberán traer consigo o seu correspondente “topic form”

O horario lectivo será o habitual e chegado o momento do exame os alumnos estarán acompañados polo profesor nativo do centro que lles apoiará/orientará durante os minutos previos e posteriores ao exame.

A avaliación do exame seralles comunicada no momento en que o centro reciba a comunicación oficial de Trinity College London.

Para calquer aclaración non dubide en dirixirse á secretaría do centro.