
Benvidos
Colexio Luís Vives dáche a benvida á súa páxina web.
Somos unha cooperativa educativa privada-concertada, laica, plurilingüe con xornada mixta.
A nosa oferta educativa abarca desde os 3 aos 16 anos; incluíndo a Etapa Pre-obrigatoria (Ed. Infantil) e Ensino Obrigatorio (Ed. Primaria e Ed. Secundaria Obrigatoria). Ao longo da nosa traxectoria, logramos formar a persoas comprometidas consigo mesmas e coa sociedade.
O trazo que nos caracteriza é ofrecer un ensino baseado na cooperación e unha educación personalizada como a mellor alternativa para o desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe óptima. Unha acción formativa de máxima calidade xunto coa formación de valores como o respecto, o esforzo, a ilusión e o compromiso, son os nosos obxectivos principais.
Horario Octubre-Maio |
Horario setembro e xuño |
---|---|
Infantil e Primaria
9:15-13:15 15:20-17:00 (luns, martes e xoves) E.S.O 8:30-14:10 16:20-18:00 (luns) |
Infantil e Primaria
9:00-13:45 . E.S.O 8:30-14:10 . |
¡ATENCIÓN!
Debido á situación provocada pola COVID19 os horarios poideron sufrir variacións.
Para máis información pode poñerse en contacto co centro.
Instalacións
Normas
Informámoslles que, tanto para as actividades de Psicomotricidade (Ed. Infantil) Educación Física (Ed. Primaria e ESO) como para as saídas do centro de todas as etapas, é obrigatorio o uso do chándal oficial do Colexio.