A Dirección deste centro acudíu á presentación en Santiago do programa AQUAE-STEM , presentado por Dª Carmen Pomar, Conselleira de Educación, programa no que o centro comezará a participar neste ano cos niveis de 2º,3º e 4º de Ed. Primaria durante tres cursos escolares.

Tan só quince centros participarán a nivel de Galicia, tres deles en Ourense, polo que para o noso Colexio é un gran privilexio ter sido admitidos nesta iniciativa.

Este programa céntrase en fomentar, nas alumnas principalmente, o interese polas carreiras STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Os datos de Eurostat en España amosan que tan só 13 de cada 1000 persoas completan estudos nas materias STEM, dato que contrasta co crecemento da demanda de profesionais para estes campos. Cando falamos de mulleres as cifras son máis elocuentes: só o 26% destas persoas son mulleres.

AQUAE-STEM polo tanto, está formado por unha serie de actividades prácticas orientadas a espertar o interese de todo o alumnado, especialmente das nenas, nestas materias, a través da resolución de retos que deberán resolverse mediante deseño, programación informática, construción de prototipos… utilizando a innovación e a creatividade como vehículos para inspiralas.

Máis información