Esta semana puxemos en marcha a Radio Escolar á que o alumnado do centro decidíu poñerlle o nome de “VIVES NA ONDA”.
É o mesmo alumnado que se presentou voluntario o encargado das gravacións e publicacións.
Pódese acceder a este espazo dende o menú “Día a día” da web do colexio ou tamén dende o blog de A Luviteca.
O seu propio espazo web no que sairán as diferentes publicacións, subidas neste momento a IVOOX, será:
https://luisvivesourense.com/vives-na-onda
Esperemos que vos guste esta nova aventura e sexa motivadora e enriquecedora para todo o alumnado.