COMUNICACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES ESCOLARES E EXTRAESCOLARES NOS
CENTROS DOCENTES.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, acaba de anunciar en comparecencia televisiva, tras a celebración do Consello de Goberno da Xunta de hoxe, xoves, entre outras medidas para frear a expansión do coronavirus COVID- 19, as seguintes:
– A suspensión de todas as actividades escolares e extraescolares en todas as etapas educativas. De maneira oficial, a partir do luns 16 de marzo. Non obstante, recomendase que xa mañá venres non se leven aos alumnos e alumnas aos colexios.
– Esta suspensión inicial será de 14 días.
De momento nin o Portal Educativo nin a páxina web da Xunta de Galicia achegan máis información ao respecto.
Manterémolos informados de calquera novidade ao respecto.
Saúdos.
A Dirección.