

Día Internacional contra a violencia de xénero
25 Novembro, 2018
Foron moitas as actividades realizadas durante esta semana para conmemorar este importante día, entre elas eleximos as siguintes.
Os alumnos e alumnas de 3º de secundaria participaron nun programa de accións, promovido pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense e executado por APES, busca visibilizar a diversidade e concienciar aos ourensáns. Desenrolouse durante os últimos dous meses e contou, entre outros, coa participación d alumnado do noso centro.
Tras varias sesións de investigación e preparación do material, que permitiron que o alumnado se involucre en materia social; agora sae á rúa para levar a cabo os “Retos de Igualdade e Diversidade”, accións que buscan visibilizar a diversidade e concienciar aos ourensáns.
.
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de secundaria recibiron unha charla formativa sobre violencia de xénero por parte da policía.
Os alumnos e alumnas de 4º de secundaria confeccionaron un representativo lazo.
Os alumnos e alumnas de 1º de secundaria diseñaron murais para a ocasión.