

No Elevators Day
27 Abril, 2022 • 9:00 a.m. - 2:00 p.m.
Sumámonos a esta iniciativa da Asociación Internacional de Deporte e Cultura (ISCA), que naceu no ano 2015 baixo o amparo da Comisión Europea. En España, Deporte para la Educación e a Saúde ten a responsabilidade de coordinar as accións encamiñadas a manter activa e sa á poboación a través da práctica do exercicio físico. Actualmente, trátase dun Evento Global que moviliza millóns de persoas na súa celebración anual.
O Día sen Ascensores creouse cun obxectivo: motivar ás persoas a escoller as escaleiras en lugar dos ascensores, xa que subir as escaleiras é bo para a nosa saúde en xeral e pode darnos unha chispa de actividade física en cualquer momento dos nosos días.
Será unha celebración mundial do movemento para a saúde e o benestar. É tamén unha oportunidade para amosar como podemos #UsarLasEscaleras para engadir un impulso de actividade física a un día normal, na casa, no traballo e en espazos públicos. Cando deixas de lado o ascensor estás dando un exemplo moi importante ao resto da sociedade e axudando a crear hábitos máis saudables entre os cidadáns. Ao utilizar as escaleiras quéimanse máis calorías, non se consume electricidade e contribúese a ter un planeta máis saudable e activo.
Conseguimos o Diploma acreditativo de participación na actividade.