
Este actividad pasou.

Noite Galega das persoas investigadoras
24 Setembro, 2021 • 10:00 a.m. - 1:00 p.m.
Noite Galega das Persoas Investigadoras
A Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo achegouse ao colexio para levar a cabo unha actividade, dentro do marco da “Noite Galega das Persoas Investigadoras”, un evento que se organiza a nivel comunitario para achegar o labor das científicas e científicos á sociedade.
Nesta actividade fixeron experimentos prácticos, coñeceron máis sobre as algas e viviron a experiencia de participar no desenvolvemento dos primeiros pasos nun laboratorio desde que chegan as mostras ata o descubrimento. Aprenderon conceptos tan importantes como a economía circular, o uso eficiente dos recursos ou a valoración dos residuos