Atención de tardes/Obradoiros

Obxectivo 

A atención de tardes ten como finalidade principal facilitar a conciliación familiar, ofrecendo actividades gratuítas organizadas polo profesorado do propio centro. Estas desenvolveranse en grupos divididos por idades e adaptaranse á época do curso.

Horario e funcionamento

A atención de tardes ofrecerase de luns a venres en dúas quendas, cunha duración de 1 hora cada unha:

  • Primeira quenda: 15:15 – 16:15

  • Segunda quenda: 16:15 – 17:15

  • De luns a xoves desenvolveranse os obradoiros gratuitos. Durante os meses de setembro e xuño os obradoiros serán substituidos por actividades lúdicas.

  • Os venres, aínda que non hai obradoiros, ofreceranse igualmente actividades lúdicas gratuítas, tamén organizadas polo centro e cun formato similar ao que se realiza en setembro e xuño.

inscrición deberá facerse por hora e por día.

entrega e recollida do alumnado realizarase nos horarios establecidos, seguindo esta organización:

  • De luns a xoves:

    • Infantil: porta lateral do ximnasio

    • Primaria: porta lateral do salón de actos

  • Venres: a entrega de ambas etapas farase pola porta lateral do salón de actos

En caso de emerxencia durante este horario, poden contactar co número: 698 121 574.

Ao longo do curso, os obradoiros irán variando nas súas temáticas.

Información importante para a inscrición

  • Para inscribirse, é imprescindible empregar o correo electrónico do alumno/a que se vai rexistrar.

  • Se o alumno/a é novo no centro, debe contactar previamente coa secretaría.

Inscríbete na atención de tardes/obradoiros a través do seguinte formulario

Ante calquer dúbida ou suxerencia envía un email

Facebook
WhatsApp
X