Información importante sobre o protocolo a seguir para a devolución dos libros de texto do fondo solidario do curso 2020-2021

O alumnado beneficiario do Fondo Solidario de Libros de Texto deberá devolver todos os libros que se lle entregaron en préstamo, agás os das materias que teña pendentes para setembro, se é o caso.

A devolución  dos libros de texto para os beneficiarios do Fondolibros en Secundaria será nas seguintes datas:

Venres día 25 de xuño, 2021

De 12:00 a 14:00

De 15:00 a 17:00

1º e 2º ESO escaleiras entrada principal.

3º e 4º ESO hall de entrada

Luns día 28 de xuño, 2021

De 8:00 a 11:00

1º e 2º ESO escaleiras entrada principal.

3º e 4º ESO hall de entrada

Os libros correspondentes ás materias pendentes para setembro entregaranos o día que veñan facer o exame no mes de setembro.

*Seguindo o protocolo de COVID-19, co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo so poderá acceder ao recinto unha persoa por familia e no horario establecido.   O uso de máscara será obrigatorio en todo o recinto escolar (Orde SND/422/2020, do 19 de maio).