Actividade en colaboración coa ANPA que se celebrará o vindeiro 7 de maio.
Esta actividade, promovida pola Asociación Española Contra o Cancro, ten como obxectivo sensibilizar á comunidade educativa e fomentar valores tan importantes como a solidariedade, a empatía e o compromiso social. Baixo o lema “Cando paras, movémonos contra o cancro”, convídase a toda a sociedade a contribuír, con pequenos xestos, a unha causa de grande impacto: impulsar a investigación oncolóxica, mellorar a atención ás persoas afectadas e avanzar na loita contra esta enfermidade.
Dende o centro, participaremos mediante a colocación dunha hucha solidaria nun espazo visible, onde de forma totalmente voluntaria quen o desexe poderá realizar a súa achega. Así mesmo, traballaremos co alumnado a importancia de colaborar en iniciativas que axudan a construír unha sociedade máis xusta e comprometida.