Loading Actividades

Comezamos seguindo as instrucións do Meco

LUNS

De deportista virás e moito entrenarás.

MARTES

Se en fin de ano queres saír, de gala terás que vir

MÉRCORES

Se queres ser como un animal, desto terás que vir no carnaval

XOVES

Ao erguerte da cama, no quites o pixama.

VENRES

Do que queiras virás!!! e bo entroido pasarás.

Venres 21 de febreiro

Dentro do horario lectivo habitual celebraremos, para alumnado e profesorado, o tradicional “Día de Disfraces“.

Todo o alumnado que queira virá disfrazado da casa.

O alumnado de Infantil comezará a xornada nas aulas onde xogarán, farán obradoiros…

O alumnado de Primaria realizará un concurso “GOT TALENT VIVES” no salón Mabel Rivera.

Logo disfrutaremos todos xuntos na disco-entroido preparada na pista do Colexio.

Lembrar que despois desta xornada de mañá o alumnado de comedor ou de actividades extraescolares que desexen cambiarse deben traer unha bolsa coa muda.