Cargando Actividades

O alumando do colexio participará no Día Europeo do Deporte Escolar.

Explicación da iniciativa:

En concreto, é unha iniciativa que se vén desenvolvendo hai varios anos acadando na última edición 20 países, 300 institucións educativas e administracións públicas, e superando os 400.000 alumnos/as participantes. Conta co apoio da Comisión Europea e forma parte da campaña #BeActive da Semana Europea do Deporte.

 

O obxectivo é resaltar a importancia da educación física e do deporte nas escolas, xerando diversión e goce a través da actividade física, promovendo a saúde e o benestar, a inclusión e o desenvolvemento de competencias sociais no alumnado e establecer relacións entre países europeos. 

 

Neste sentido, trátase principalmente de que na escola se faga realidade  o lema de manterse activo (#BeActive) durante polo menos 120 minutosPolo tanto o centro educativo ou institución que se vincule coa iniciativa, deberá desenvolver unha actividade na que os participantes corran ou camiñen a distancia establecida para ese ano (exemplo: 2019 metros en 2019) así coma outro tipo de actividades físicas (exemplo: xogos e deportes populares e tradicionais, bailes, circuítos de probas físicas e de habilidade motriz, entre outras) que permitan cumprir os 120 minutos de actividade. O pdf que achegamos explica con máis detalle propostas a desenvolver.

Lista de actividades

No hay próximos actividades actualmente.