Acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado.
FORA DE
PRAZO
A Xunta acaba de publicar no DOGA a orde que regula o acceso ás máscaras de protección a disposición do alumnado de Primaria. ESO e Bacharelato.
Prazo: 16 de novembro – 27 de novembro 2020
algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Presentación de solicitudes .
1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No centro docente.
b) No portal educativo da Xunta
Acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado.
FORA DE
PRAZO
Bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos.
Prazo: 28 de xullo – 27 de agosto de 2020
Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono concilia as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e mais no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:
a) Facilitar aos órganos competentes toda a información necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da axuda concedida, particularmente a que sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede.
c) Comunicar calquera alteración das condicións que motivaron o seu outorgamento.
d) Subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei..
Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2019/20
FORA DE
PRAZO
Xúntase a Orde do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.
Prazo: 27 de xullo – 21 de agosto de 2020
de Galicia, estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en
educación secundaria e ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria
obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Axudas para libros e comedores escolares para o curso 2020/2021
FORA
DE PRAZO
O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021.
Plazo: 22/06/2020 – 13/07/2020
- Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
- Non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con que convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia).
BONO COIDADO EXTRAORDINARIO PARA A INFANCIA
FORA
DE PRAZO
Axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19
Plazo: 13/06/2020 – 13/07/2020
Importe: 500€/mes desde a segunda quincena de marzo ata o 31 de agosto. É dicir, cada familia pode cobrar ata 2.750€.
Finalidade: Pagar a nómina dun coidador a domicilio, ben sexa directamente ou a través dunha empresa. O contato ten que ser posterior á declaración de emerxencia sanitaria
Destinatarios: Familias con fillos de ata 12 anos (estes incluídos), nas que os pais traballen
Requisitos de renda: Ata 806 euros mensuais netos por membro da unidade familiar. Para familias con tres membros ou menos, ata 2.500 mensuais netos en conxunto
Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da xornada de traballo.
FORA
DE PRAZO
Plazo: 13/06/2020 – 13/07/2020
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas, que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %, e que reúnan certos riquisitos. Clica en máis información.
BONO COIDADO EXTRAORDINARIO PARA A DEPENDENCIA
FORA
DE PRAZO
Concesión das axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19
Prazo: 13/06/2020 – 13/07/2020
Importe: 500 €/mes desde a segunda quincena de marzo ata o 31 de agosto. É dicir, cada familia pode cobrar ata 2.750 €.
Finalidade: Pagar a nómina dun coidador a domicilio, ben sexa directamente ou a través dunha empresa. O contrato ten que ser posterior á declaración de emerxencia sanitaria
Destinatarios: Persoas maiores ou con discapacidade usuarias dun centro de día ou ocupacional (tanto público como privado)
Requisitos de renda: Non hai