O colexio

A nosa historia: Colexio Luis Vives

Cooperativa educativa concertada, laica e plurilingüe en Ourense.

Quen somos

Benvidos ó Colexio Luis Vives

Somos unha cooperativa educativa privada-concertada, laica, plurilingüe con xornada única.

A nosa oferta educativa abarca desde a Educación Infantil  (3 anos) ata o remate da ensinanza obrigatoria na ESO (16 anos).

Ao longo desta traxectoria asumimos a responsabilidade de dar unha formación integral ao alumnado nas distintas etapas do seu desenvolvemento, e formamos  ás futuras xeracións  para converterse en persoas cun espírito crítico e solidarias, respectuosas, comprometidas consigo mesmas  e coa sociedade.

O noso compromiso coas familias é ofrecer  unha acción formativa de máxima calidade xunto coa formación de valores como o respecto, compromiso, responsabilidade, colaboración, a dedicación e o esforzo.

Ofrecemos  un ensino baseado na cooperación e unha educación personalizada como a mellor alternativa para o desenvolvemento dun óptimo proceso de ensino-aprendizaxe.

Historia Colexio Luis Vives: quen somos en Ourense
O que soñamos

A nosa visión do Colexio Luis Vives

No Colexio Luis Vives adoitamos ser un referente no sector educativo en Ourense.

O obxectivo que se persegue  é ser un centro innovador con visión de futuro e capacidade de adaptación aos cambios, sensible á satisfacción das necesidades da comunidade educativa.

Desenvolvemos  un Proxecto Educativo que ofrece un ensino de calidade, acadando altos niveis académicos, cun apropiado dominio dos idiomas e un adecuado desenvolvemento de competencias e  valores.

O  alumnado é o centro do proceso de ensino-aprendizaxe, converténdose no protagonista activo do seu proceso formativo. Non obstante, este Proxecto  precisa da colaboración,  compromiso e apoio da familia, para conseguir que os alumnos:

  • Posúan as ferramentas necesarias para desenvolverse nunha sociedade cada vez máis global e competitiva
  • Adquiran hábitos continuados de traballo e esforzo, inculcando a cultura do esforzo.
  • Logren os mellores resultados académicos
  • Teñan unha forte autoestima e unha sólida formación en valores e no uso das novas tecnoloxías
  • Fomenten hábitos sociais e de convivencia adecuados.
Visión do Colexio Luis Vives en Ourense
O que nos une

Os nosos valores

  • Respecto: O dereito para ser respectado e a obrigación de respectar aos demais son a base fundamental da convivencia.
  • Esforzo e perseveranza: A constancia no traballo axuda a ser mellores, a progresar. É o camiño para o desenvolvemento persoal.
  • Responsabilidade: O coidado e a atención permite tomar decisións de forma autónoma, exercendo a liberdade de forma adecuada.
  • Honestidade: Tratar de forma xusta e razoable tanto a un mesmo como aos demais.
  • Empatía: A capacidade para identificarnos con outros mellora as relacións persoais e fomenta a tolerancia.
  • Traballo en equipo: Potencia a eficacia no traballo creando unha contorna saudable, fomenta as capacidades sociais e prepáranos para o futuro.
Valores do Colexio Luis Vives
O noso compromiso

Que queremos?

No Colexio Luís Vives, estamos convencidos da importancia da coeducación e o respecto á individualidade, desenvolvemos un modelo pedagóxico que cre firmemente na necesidade do diálogo para convencer, en lugar de impoñer, e consideramos que o alumno debe ser o protagonista dunha aprendizaxe baseada no razoamento, a creatividade e a propia experiencia.

A atención ao desenvolvemento dos alumnos e as súas diferentes situacións persoais forma parte das bases do noso modelo educativo e está presente na acción diaria de todos os docentes: non dirixindo, senón deixando ser; observando, escoitando e mostrando, cando é preciso, a proximidade necesaria para proporcionarlles apoio e axuda.

Compromiso educativo do Colexio Luis Vives en Ourense

Tes algunha dúbida?

Escríbenos ou chámanos e resolveremos todas as túas preguntas.