Curso 19/20
A Dirección deste centro acudiu en Santiago á presentación do programa AQUAE-STEM, presentado por D.ª Carmen Pomar, conselleira de Educación, programa no que o centro comezará a participar este ano cos niveis de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria durante tres cursos escolares.
Tan só quince centros participarán en toda Galicia, tres deles en Ourense, polo que para o noso Colexio é un gran privilexio ter sido admitidos nesta iniciativa.
Este programa céntrase en fomentar, principalmente nas alumnas, o interese polas carreiras STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).
Os datos de Eurostat en España demostran que tan só 13 de cada 1000 persoas completan estudos nas materias STEM, dato que contrasta co crecemento da demanda de profesionais para estes campos. Cando falamos de mulleres, as cifras son máis elocuentes: só o 26% destas persoas son mulleres.
AQUAE-STEM, polo tanto, está formado por unha serie de actividades prácticas orientadas a espertar o interese de todo o alumnado, especialmente das nenas, nestas materias, a través da resolución de retos que deberán resolverse mediante deseño, programación informática, construción de prototipos… utilizando a innovación e a creatividade como vehículos para inspiralas.
Curso 20/21
Descubre máis sobre os proxectos de investigación en https://www.fundacionaquae.org/educacion/los-proyectos-educacion/