Colexio Luis Vives

Tecnoloxía

Tecnoloxía e innovación educativa

A tecnoloxía ao servizo da aprendizaxe

Tecnoloxía colexio Luis Vives Ourense: a tecnoloxía forma parte da realidade dos nosos alumnos e alumnas. No Colexio Plurilingüe Luis Vives de Ourense queremos que aprendan a utilizala non só como consumidores, senón como ferramenta para aprender, crear, investigar, comunicarse e resolver problemas. Por iso, apostamos por integrar os recursos tecnolóxicos no día a día da aula, sempre acompañados polo profesorado e cunha finalidade educativa clara.

Para nós, incorporar tecnoloxía á educación non significa substituír o importante: significa ampliar as posibilidades de aprender.

Alumnado usando a tecnoloxía no colexio Luis Vives Ourense
A nosa proposta

Tecnoloxía colexio Luis Vives Ourense: así a usamos

Un centro preparado para aprender doutra maneira

Todas as nosas aulas están equipadas con Pizarras Dixitais Interactivas (PDI), que permiten incorporar á actividade diaria recursos audiovisuais, contidos interactivos, presentacións, imaxes, vídeos e diferentes ferramentas educativas. Esta tecnoloxía facilita que os contidos poidan ser presentados de diferentes maneiras e favorece unha participación máis activa do alumnado. Converténdose así, nunha ferramenta que enriquece a experiencia educativa.

O centro dispón dunha aula de informática na que cada alumno/a conta co seu propio ordenador, permitindo traballar de maneira individual e práctica as competencias dixitais. O alumnado aprende a utilizar o ordenador para moito máis que buscar información.

O uso das Ipads, do material de robótica, impresoras 3D, cortadora láser,… completan un abano de materiais diversos e complementarios para unha formación integral. Deste xeito, o alumnado aprende a investigar, seleccionar información, crear contidos, resolver problemas, presentar ideas e utilizar diferentes ferramentas dixitais.

Unha tecnoloxía que acompaña todas as etapas

A integración das TIC comeza desde as primeiras etapas educativas e evoluciona a medida que o alumnado medra.

En Educación Infantil, os recursos dixitais poden contribuír a presentar experiencias, imaxes, sons e contidos adaptados á idade.

En Educación Primaria, a tecnoloxía acompaña o desenvolvemento progresivo da competencia dixital e facilita novas formas de investigar, aprender e crear.

En Educación Secundaria, o alumnado afonda no uso das ferramentas dixitais e desenvolve unha maior autonomía, responsabilidade e capacidade crítica ante a información e a tecnoloxía.

Deste xeito, non entendemos a competencia dixital como unha aprendizaxe puntual, senón como unha capacidade que se constrúe ao longo de toda a escolarización.

Tecnoloxía para estar máis preto das familias

A transformación dixital do centro facilita a comunicación entre o colexio e as familias. A nosa plataforma dixital e as APPs do centro permiten ás familias consultar información académica, asistencia, puntualidade, comportamento, avisos e actividades, así como manter unha comunicación directa co profesorado.

A tecnoloxía convértese así nunha ferramenta que non só mellora o proceso de ensino e aprendizaxe, senón que tamén fortalece a colaboración entre a familia e o centro.

Preparados para o futuro

Nunha sociedade na que os nenos e adolescentes están cada vez máis expostos ás pantallas e á información dixital, consideramos especialmente importante ensinarlles como utilizar a tecnoloxía de maneira responsable, segura e crítica de maneira autónoma.

Coñece o proxecto educativo colexio Luis Vives completo. Para as familias, o servizo Internet Segura for Kids do INCIBE ofrece recursos sobre o uso seguro da tecnoloxía.

A mellor preparación tecnolóxica non consiste en coñecer a ferramenta que existe hoxe, senón en ter as capacidades necesarias para aprender a utilizar as ferramentas que existirán mañá.

Tes algunha dúbida?

Escríbenos ou chámanos e resolveremos todas as túas preguntas.