Atención madrugadores colexio Luis Vives Ourense: o colexio, para apoiar especialmente ás familias con alumnado na etapa de Infantil e Primaria na conciliación da súa vida laboral e familiar, ofrece o SERVIZO DE ATENCIÓN A MADRUGADORES antes do inicio do horario lectivo habitual.
Habitualmente dispoñible a partir das 7:15 horas de luns a viernes.
Existe a posibilidade de comezar ás 6:45 h, sempre que se solicite previamente na Secretaría.
Este servizo está supervisado polo profesorado do centro e non só ofrece comodidade para as familias, senón que proporciona un espazo seguro e acolledor que garante que o alumnado comece o seu día dunha forma enriquecedora ao participar nas actividades educativas e lúdicas.
Este servizo facilita unha transición suave e sin estrés, e que o alumnado se integre na xornada escolar de forma paulatina baixo supervisión constante. Este enfoque contribúe a fomentar entre os máis pequenos o sentimento de seguridade e de pertenenza, imprescindible para o seu desenvolvemento emocional e social.
As familias teñen a posibilidade de contratar o servizo de maneira continuada en períodos mensuais ou por días soltos segundo as necesidades familiares.
Atención madrugadores colexio Luis Vives Ourense: preguntas frecuentes
A que hora comeza o servizo de madrugadores?
Habitualmente o servizo está dispoñible a partir das 7:15 horas, de luns a venres. Tamén existe a posibilidade de comezar ás 6:45 h, sempre que se solicite previamente na Secretaría.
A quen vai dirixido?
O servizo de atención a madrugadores está pensado para apoiar ás familias con alumnado de Infantil e Primaria na conciliación da súa vida laboral e familiar.
Quen supervisa o servizo?
O servizo está supervisado polo profesorado do centro. Ofrece un espazo seguro e acolledor onde o alumnado participa en actividades educativas e lúdicas antes de comezar a xornada lectiva.
Como se contrata o servizo?
As familias poden contratar o servizo de maneira continuada, en períodos mensuais, ou por días soltos segundo as necesidades familiares.
Como solicito o servizo ou a entrada ás 6:45 h?
Para solicitar o servizo, ou a posibilidade de comezar ás 6:45 h, contacta coa secretaría do colexio no teléfono 988 242 000 ou desde a páxina de contacto. Se tes dúbidas sobre as horas das aulas, consulta o horario lectivo do colexio.