O colexio

ATE (Coidador)

ATE colexio Luis Vives Ourense: o persoal Auxiliar Técnico Educativo proporciona apoio e asistencia aos alumnos que carecen dunha correcta autonomía nas tarefas relacionadas coa súa hixiene, alimentación ou desprazamento, polo que xoga un papel fundamental no benestar diario do alumnado do centro.

Atende as necesidades básicas incluíndo os cambios de roupa, a administración de medicamentos e outros coidados de saúde. Así mesmo, facilita a mobilidade ao alumnado con necesidades educativas especiais  sen autonomía, realiza o acompañamento e axuda nos seus desprazamentos.

O papel da ATE vai máis aló dos coidados físicos e asistenciais ao colaborar no afianzamento e desenvolvementos das capacidades dos alumnos nos aspectos emocionais,  promovendo unha maior autonomía persoal e integración social. É unha figura de apoio emocional e social ao alumnado. Esta atención facilita  un ambiente educativo inclusivo e accesible para todos. Grazas ao seu traballo podemos garantir que cada alumno/a reciba a atención individualizada que precisa, reforzando así o noso compromiso cunha educación de calidade e unha atención integral.

ATE colexio Luis Vives Ourense: preguntas frecuentes

Que é a ATE?

ATE son as siglas de Auxiliar Técnico Educativo, a figura que proporciona apoio e asistencia ao alumnado que carece dunha correcta autonomía nas tarefas relacionadas coa hixiene, a alimentación ou o desprazamento.

Que funcións ten a ATE no colexio?

Atende as necesidades básicas, incluíndo os cambios de roupa, a administración de medicamentos e outros coidados de saúde. Tamén facilita a mobilidade do alumnado con necesidades educativas especiais sen autonomía e acompáñao nos seus desprazamentos.

A ATE só ofrece coidados físicos?

Non. A ATE colabora tamén no afianzamento e desenvolvemento das capacidades do alumnado nos aspectos emocionais, promovendo unha maior autonomía persoal e integración social. É unha figura de apoio emocional e social.

Como contacto co colexio para saber máis?

Se tes dúbidas sobre o servizo de ATE do colexio Luis Vives, chama ao 988 242 000 ou escríbenos desde a páxina de contacto. Tamén podes consultar a secretaría do colexio.