O colexio

Comedor

Comedor colexio Luis Vives Ourense: o centro dispón dun comedor con cociña propia  e as instalacións necesarias para a elaboración da comida no propio centro.

O servizo  contratado cun equipo de profesionais elabora o menú que se renova mensualmente  garantindo un adecuado equilibrio dietético.

No comedor escolar os teus fillos/as gozarán dunha alimentación saudable con menús nutritivos, variados e equilibrados,   elaborados polo nutricionista e adaptados  para todo tipo de alerxias e intolerancias.

Dende o punto de vista educativo, a hora da comida é un momento de convivencia pero tamén de aprendizaxe nutricional. Un lugar privilexiado para apoiar os bos hábitos.  Por iso, profesorado xunto co persoal de cociña, coñecen e atenden as diferentes necesidades dos comensais,  implicándose para que os seus fillos coman  san sen perder de vista as normas de educación na mesa.

As familias, a través da Secretaría, teñen a posibilidade de solicitar o servizo de maneira continuada ao longo do curso, por períodos mensuais ou por día soltos (ata un máximo de 8 días/mes).

Poden anotarse ou anular, puntualmente, a asistencia a este servizo antes das 10:00 horas do mesmo día.

Tamén se dispón de dietas especiales

Comedor colexio Luis Vives Ourense: preguntas frecuentes

Hai cociña propia no colexio?

Si. O centro dispón de cociña propia e das instalacións necesarias para elaborar a comida no propio centro.

Como é o menú do comedor?

O menú renóvase mensualmente e está elaborado polo nutricionista, con menús nutritivos, variados e equilibrados. Nesta páxina podes descargar o menú do mes e o menú de dietas.

Que pasa coas alerxias e intolerancias?

Os menús están adaptados para todo tipo de alerxias e intolerancias, e tamén se dispón de dietas especiais.

Como se solicita o servizo de comedor?

As familias poden solicitalo a través da Secretaría, de maneira continuada ao longo do curso, por períodos mensuais ou por días soltos, ata un máximo de 8 días ao mes.

Podo anotar ou anular un día de comedor?

Si. A asistencia pódese anotar ou anular puntualmente antes das 10:00 horas do mesmo día. Para calquera dúbida sobre o comedor do colexio, chama ao 988 242 000 ou escríbenos desde a páxina de contacto.