Orientación colexio Luis Vives Ourense: o Departamento de Orientación do colexio xoga un papel fundamental na nosa comunidade educativa. Este servizo de axuda para toda a comunidade educativa, funciona como un recurso integral para o alumnado, o profesorado e as familias.
Está composto por un equipo multidisciplinar de profesionais do campo da pedagoxía, psicoloxía, especialistas en audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica.
En liñas xerais:
- Apoia a actividade docente actuando como consultores e colaboradores para facilitar a educación integral do alumnado e a adaptación dos procesos de ensino ás características e necesidades de todos os alumnos do centro proporcionando ferramentas e estratexias para mellorar ás prácticas na aula.
- Colaboran na acción titorial asesorando á labor dos titores/as de cara o desenvolvemento persoal e académico do alumnado.
- Identifica e da resposta ás necesidades educativas dos alumnos contribuíndo á inclusión e ao éxito do alumnado en todas as etapas.
- Asesoran aos alumnos na toma de decisión respecto ao seu futuro académico e profesional.
- Asesoran ás familias en aspectos relacionados co desenvolvemento dos seus fillos/as ao longo de toda a súa escolarización.
Horario de atención: de luns a venres durante o horario escolar.
A comunicación entre o departamento e as familias realízase a través do titor/a.
Máis información
Orientación colexio Luis Vives Ourense: preguntas frecuentes
Quen forma o Departamento de Orientación?
Un equipo multidisciplinar de profesionais da pedagoxía, a psicoloxía, a audición e linguaxe e a pedagoxía terapéutica.
Que funcións ten o departamento?
Apoia o profesorado, colabora na acción titorial, identifica e dá resposta ás necesidades educativas do alumnado, asesora o alumnado sobre o seu futuro académico e profesional e asesora as familias sobre o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Cal é o horario de atención?
O horario de atención é de luns a venres durante o horario escolar.
Como me comunico co departamento?
A comunicación entre o departamento e as familias realízase a través do titor ou titora. Podes consultar tamén o horario de titorías e o blog do departamento. Se tes máis dúbidas, escríbenos desde a páxina de contacto.