IMOS A MÉXICO!

Que emoción aprender sobre unha das civilizacións máis antigas do mundo! Empaparémonos da súa cultura, coñeceremos tradicións descoñecidas para nós, a súa música, novas receitas e moito máis.

 Pero, que é o primeiro que debemos saber sobre México?

México é un país situado en América do Norte, cunha xeografía privilexiada bañada polo Mar Caribe, o Océano Pacífico, o Golfo de México e o Golfo de California. Ten unha poboación de 130 millóns de persoas. A súa capital e cidade máis poboada é Ciudad de México, anteriormente coñecida como México D.F.

Para decorar a porta da nosa aula escollemos un símbolo da cultura mexicana como é a pintora Frida Kahlo (1907-1954) nada en Coyoacán, Cidade de México e autora de 150 obras, principalmente autorretratos e temas moi vinculados á súa propia vida. . Considérase unha icona e conseguiu traspasar fronteiras coa súa arte. Ademais de pintar, deixounos frases famosas como a que se pode ver na imaxe, que nos lembra que a pesar das dificultades da vida ou aínda que non teñamos as cousas máis básicas, podemos conseguir todo o que nos propoñamos. . Ben, ás veces os límites só están na nosa mente e coa nosa imaxinación e traballo todo será posible.

Tamén fixemos unhas bonecas desmontables de Frida co seu loro.

CATRINA E AS CAVEIRAS MEXICANAS

Entre os símbolos cada vez máis coñecidos deste país atopamos a Catrina e as caveiras mexicanas. Os mexicanos contan cunha longa tradición na celebración do día dos mortos, no cal percorren as cidades con estes dous elementos tan populares cheos de flores e cunha decoración do máis alegre e colorida que lles axudan a entender a morte sen tristeza.

Catrina tamén ten un carácter reivindicativo, xa que simboliza o espírito de protesta ante as inxustizas e as desigualdades.

A súa orixe remóntase a un recurso satírico basado en cranios e esqueletos acompañados de textos, nos que criticaban as diferenzas sociais  do país.

Entre todos e todas fixemos moitas flores de cores coas que elaboramos unha gran caveira para decorar a cortiza da nosa aula.

Tamén fixemos mandalas.