O proxecto

Aproxímase unha data significativa “o Día Internacional das Familias” que se conmemora o 15 de maio e o Centro recoñece a importancia desta celebración, porque a Familia é o axente que inflúe no desenvolvemento  e na labor educativa dos cativos e cativas.

Dentro das familias, os avós e avoas son de quen aprendemos a pertenza á mesma e transmiten experiencias e valores familiares. Grazas a eles coñecemos boa parte da nosa historia, tradicións e moitas lembranzas. As súas historias, as comidas, …, a convivencia en xeral espartan en nos sentimentos moi entrañables.

Eles dan consellos e apoio, saben escoitar, son os mellores compañeiros de xogos, cómplices e refuxio de perfecto cando necesitamos coidados con amor e comprensión. Ao mesmo tempo, son sabedoría que debemos aproveitar para medrar como mellares seres humanos, son confidentes e mellares amigos. Por todo iso, é importante promover a convivencia dos nenos e nenas cos avós e avoas e permitir esa boa relación.

Desde Arume e o colexio queremos, neste curso, renderlle un tributo especial a esta figura tan representativa e referencial da familia. Por iso desexamos propor unha experiencia educativa que conte con avós/avoas como protagonistas.

No proxecto, os obxectivos buscados son:

  • Recoñecer a figura e labor das avoas e avós na
  • Enriquecer valores desde a escola para que sexan valorados como membros importantes das
  • Aportar a súa experiencia e coñecementos ao resto dos
  • Dar importancia as receitas tradicionais transmitidas de xeración en xeración.
  • Coñecer a historia familiar a través dos
  • Facelos partícipes  das  actividades  educativas   no  momento  do  comedor,  valorando   os coñecementos aprendidos ao longo da súa

Os beneficios que leva involucrar ó alumnado no complexo mundo da alimentación sá e equilibrada relaciónase directamente co comenzo do desenvolvemento de todos os seus sentidos (tacto, olfato, gusto, vista e audición). Por iso, a partires dos tres anos, podemos animales a explorar o mundo da cociña xuntos con eles e, así, axudalos no seu proceso de aprendizaxe.

Estimadas familias

Arume e CPR Plurilingüe Luis Vives , gustaríanos invítalos a participar no concurso “Receitas con Historia”.

A través desta actividade queremos reforzar a labor fundamental que “a familia” exerce sobre  o proceso de desenvolvemento  dos máis pequeños/as.

Dentro das familias, as avoas e os avós contribúen á transmisión de experiencias e inculcan valores.

Oeste xeito, queremos unir anécdotas ou relatos familiares coas receitas de cociña que acompañan eses recordos, e quen mellar que os avós e avoas para poder levalo á práctica.

Os/as avós/avoas son libros vivintes e arquivos das familias. Son de quen coñecemos a pertenza á mesma. Por eles sabemos parte das nasas tradición e moitas lembranzas das que aprendemos sobre o mundo. Eles teñen moito que ensinar ás novas xeracións, e o coñecemento culinario é un bo xeito de facelo.

¡¡¡Non existen mellares receitas que as que preparan os nasos maiores!!!. Con só nomealas é inevitable que nos inunden os recordos, os sabores e os cheiros.

Con este proxecto, animámosvos a axudar a que os menos e nenas experimenten e gocen destas lembranzas.

Queremos saber cales son as receitas que se levan na memoria, que son típicas da familia, que nos saben a “casa” e que nos trasladan e tan voar a nosa imaxinación.

Participación: Pódese participar con calquera tipo de receita caseira (sexa un primeiro ou segundo prato)

A receita deberá incluir os ingredientes, e o proceso de elaboración, así como a historia ligada á mesma.

Terán que cubrir a ficha que se adxunta e entregala aos titores/titoras antes do 28 de abril de 2023.

PREMIO: As avoas e avós serán convidados a xantar no comedor escolar o día venres 12 de maio xunto co seu neto ou neta.