No noso centro está implantado o 2º ciclo da Etapa de Infantil, tendo como finalidade o desenvolvemento integral e harmónico da nena e o neno nos distintos planos: físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo.
Educación Primaria
nacher publicidad2022-06-07T23:47:46+02:00No CPR LUIS VIVES a Educación Primaria asentase nos seguintes pilares: Un sistema de aprendizaxe dinámica rexida pola acción e a experimentación por parte do alumnado. Unha educación integral resaltando a importancia dos valores sociais, artísticos, culturais,… A adquisición sólida de destrezas e hábitos de traballo A aprendizaxe duns firmes coñecementos académicos que, serán a base dos seus estudos futuros. Fomentamos a investigación, a experimentación, a procura de información e realización de tarefas en grupo e individuais
Educación Secundaria
nacher publicidad2022-06-08T00:20:55+02:00No CPR LUÍS VIVES , os obxectivos máis significativos para a Etapa de Secundaria son: Desenvolver destrezas básicas na utilización das diversas fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións con outras persoas