A Nosa Historia

Colexio Luís Vives dáche a benvida á súa páxina web.

Somos unha cooperativa educativa privada-concertada, laica, plurilingüe con xornada única.

A nosa oferta educativa abarca desde a Educación Infantil  (3 anos) ata o remate da ensinanza obrigatoria na ESO (16 anos)

Ao longo desta traxectoria asumimos a responsabilidade de dar unha formación integral ao alumnado nas distintas etapas do seu desenvolvemento, e formamos  ás futuras xeracións  para converterse en persoas cun espírito crítico e solidarias, respectuosas, comprometidas consigo mesmas  e coa sociedade.

O noso compromiso coas familias é ofrecer  unha acción formativa de máxima calidade xunto coa formación de valores como o respecto, compromiso, responsabilidade, colaboración, a dedicación e o esforzo.

Ofrecemos  un ensino baseado na cooperación e unha educación personalizada como a mellor alternativa para o desenvolvemento dun óptimo proceso de ensino-aprendizaxe.

A NOSA VISIÓN

O Colexio Luís Vives adoita ser un referente no sector educativo en Ourense.

O obxectivo que se persegue  é ser un centro innovador con visión de futuro e capacidade de adaptación aos cambios, sensible á satisfacción das necesidades da comunidade educativa.

Desenvolvemos  un Proxecto Educativo que ofrece una ensinanza de calidade logrando altos niveis académicos, cun apropiado dominio dos idiomas e un adecuado desenvolvemento de competencias e  valores.

O  alumnado é o centro do proceso de ensino-aprendizaxe, converténdose no protagonista activo do seu proceso formativo. Sen embargo este Proxecto  precisa da colaboración,  compromiso e apoio da familia, para conseguir que os alumnos:

  • Posúan as ferramentas necesarias para desenvolverse nunha sociedade cada vez máis global e competitiva
  • Obteñan hábitos continuados de traballo e esforzo, inculcando a cultura do esforzo.
  • Logren os mellores resultados académicos
  • Adquiran unha forte autoestima e dunha sólida formación en valores e no uso das novas tecnoloxías
  • Fomenten hábitos sociais e de convivencia adecuados.

OS NOSOS VALORES

Respecto: O dereito para ser respectado e a obrigación de respectar aos demais son a base fundamental da convivencia.

Esforzo e perseveranza: A constancia no traballo axuda a ser mellores, a progresar. É o camiño para o desenvolvemento persoal.

Responsabilidade: O coidado e a atención permite tomar decisións de forma autónoma, exercendo a liberdade de forma adecuada.

Honestidade: Tratar de forma xusta e razoable tanto a un mesmo como aos demais.

Empatía: A capacidade para identificarnos con outros mellora as relacións persoais e fomenta a tolerancia.

Traballo en equipo: Potencia a eficacia no traballo creando unha contorna saudable, fomenta as capacidades sociais e prepáranos para o futuro.

QUE QUEREMOS?

O Colexio Luís Vives, convencido da importancia da coeducación e o respecto á individualidade, desenvolve un modelo pedagóxico que cre firmemente na necesidade do diálogo para convencer, en lugar de impoñer, e considera que o alumno debe ser o protagonista dunha aprendizaxe baseada no razoamento, a creatividade e a propia experiencia.

A atención ao desenvolvemento dos alumnos e as súas diferentes situacións persoais forma parte das bases do seu modelo educativo e está presente na acción diaria dos docentes: non dirixindo, senón deixando ser; observando, escoitando e mostrando, cando é preciso, a proximidade necesaria para proporcionarlles apoio e axuda.