Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

O alumnado de 4º da ESO que titule, obterá o nivel de iniciación en competencia dixital. Aínda que en 2º Bac poderá obter o nivel intermedio, pode tentar acadalo neste curso. Para iso, deberá realizar unha proba composta de 60 preguntas(12 por competencia), nunha proba que durará 90 minutos e que se realizará no centro no mes de Maio.

A continuación deixamos información resumida e enlaces á información completa:

https://competenciasdixitais.xunta.gal/

As Competencia dixital segundo o Marco galego de competencias dixitais que podes obter AQUÍ  divídese en 5 áreas.

A Acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:

 O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES PARA REALIZAR ESTA PROBA VOLUNTARIA REMATA O 14 DE MARZO (ACHÉGASE COMO ADXUNTO MODELO DE SOLICITUDE A ENTREGAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)

As certificacións terán unha validez de 5 anos.

Podedes atopar máis información e unha “demo”  da proba de acreditación  na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado