Proxecto Educativo
O noso Plan de Estudos baséase na formación plurilingüe para que os alumnos poidan ademais de cursar os seus estudos, adquirir un nivel de coñecemento en idiomas que lles permita falar, ler e escribir con fluidez en castelán e inglés.
Infantil
No noso centro está implantado o 2º ciclo da Etapa de Infantil, tendo como finalidade o desenvolvemento integral e harmónico da nena e o neno nos distintos planos: físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo.
Primaria
No CPR LUIS VIVES a Educación Primaria asentase nos seguintes pilares: Un sistema de aprendizaxe dinámica rexida pola acción e a experimentación por parte do alumnado. Unha educación integral resaltando a importancia dos valores sociais, artísticos, culturais,… A adquisición sólida de destrezas e hábitos de traballo A aprendizaxe duns firmes coñecementos académicos que, serán a base dos seus estudos futuros. Fomentamos a investigación, a experimentación, a procura de información e realización de tarefas en grupo e individuais
Secundaria
No CPR LUÍS VIVES , os obxectivos máis significativos para a Etapa de Secundaria son: Desenvolver destrezas básicas na utilización das diversas fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións con outras persoas