Educación Infantil

Desde os 3 aos 6 anos

A etapa de Infantil, en moitos casos, é o primeiro contacto dos nenos con en ámbito educativo.

Colexio Luis Vives

Con tal motivo queremos favorecer a proximidade e unha atención personalizada para crear un clima de confianza para os nenos e as súas familias.

Nesta etapa, máis que en calquera outra, o desenvolvemento e a aprendizaxe son procesos dinámicos que teñen lugar como consecuencia da interacción coa contorna. A maduración, o desenvolvemento e aprendizaxe é diferente en cada neno e nena; por iso, o noso profesorado especialista, terá en conta as súas características persoais, os seus intereses e o seu estilo cognitivo na súa práctica educativa.

Desde o curso 2018/2019 contamos con plurilingüismo en Infantil. Os nenos aprenden desde pequeniños español, galego e inglés dunha maneira lúdica e divertida.

Facebook
WhatsApp
X