Educación Secundaria

Desde os 12 aos 16 anos. Ensino obrigatorio.

Os obxectivos máis significativos para a Etapa de Secundaria son:

  • Desenvolver destrezas básicas na utilización das diversas fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos.
  • Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
  • Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
  • Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións con outras persoas.

Unha inmersión e traballos curriculares en español, galego, inglés e francés e un Ensino Activo fai que os alumnos terminan a Secundaria con altos niveis de idiomas.

Aprenden a descubrir, a investigar, a organizar o seu pensamento, a expoñer, a presentar, a debater…
Aprendizaxe COOPERATIVA, experiencial, intelixencias múltiples, apoio dixital, accións de voluntariado.
Iniciación ao método científico.

Gran énfase no traballo nos laboratorios. Aprendizaxe desde a experiencia.
Viaxes de estudo por España e ao estranxeiro. Coñecemento directo da realidade: países, xeografía, museos, teatros, empresas, historia…
Flexibilidade nos contidos, horarios, grupos e espazos.

Probas externas de cualificación e certificación en inglés.

Orientación profesional. Talleres de emprendemento, dinámicas de grupo, conferencias…

Facebook
WhatsApp
X