Vives na onda

A Radio Escolar do C.P.R Plurilingüe Luis Vives de Ourense.

CONTO DE NADAL

O alumnado de sexto de Primaria comparte con todos nós un CONTO DE NADAL, con raíces e identidade galega. Esperamos que vos guste. Aproveitamos para desexarvos a todas e a todos un BO NADAL E FELIZ ANO NOVO

DIA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

A discapacidade non está nas persoas, está nas barreiras que a sociedade nos impón, como ben nos explica o alumnado de sexto

25 de NOVEMBRO

Programa especial en Vives na Onda, hoxe, 25 de novembro, día da ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Programa realizado polo alumnado de sexto

DEREITOS DA INFANCIA

Programa especial sobre os dereitos da infancia. O alumnado de sexto fálanos sobre os dereitos que temos os nenos e nenas de todo o mundo

ROCK BRAVÚ

Neste curso, no cal as LETRAS GALEGAS están adicadas á nosa tradición oral, ás nosas cantareiras e pandareteiras, á nosa música tradicional, cómpre lembrar un dos movementos culturais e musicais máis importantes dos últimos anos: O MOVEMENTO BRAVU

A SANTA COMPAÑA

Halloween, Halloween... o que realmente dá medo é a SANTA COMPAÑA. Xa te topaches con ela? Que sabes desta lenda? Atento ao que che conta o alumnado de sexto

A TECNOLOXÍA

Beneficios da tecnoloxía e problemas do seu abuso

O XOGO

O alumnado de sexto fálanos das ventaxas do xogo nos nenos e nenas

Traballos tradicionais

Traballos tradicionais da nosa historia

Vives na Onda

Episodios, lecturas, faladoiros, poemas, debates e outras conversacións na radio de A Luviteca, a biblioteca escolar do CPR Plurilingüe Luis Vives de Ourense

Inicios da Literatura

Primeiros capítulos dos libros máis importantes da literatura galega, lidos por alumnado de sexto de Primaria do CPR Plurilingüe Luis Vives

DÍA DA RADIO

13 de febreiro Dia da Radio e Entroido

8 DE MARZO

O porque do 8 de marzo. O porque do DIA INTERNACIONAL DA MULLER

CALDO DE GLORIA

O 23 de febreiro é o DIA DE ROSALÍA. Alumnas de 6º de Primaria recítannos o poema “Miña casiña, meu lar” de Rosalía de Castro, no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro é o DIA DE ROSALÍA. Alumnos e alumnas de 3ºESO fálannos da máis grande poeta en lingua galega e unha das máis coñecida universalmente. Ademáis de ser, tamén, unha firme defesora dos dereitos das mulleres

OS PETOS DAS ÁNIMAS

Alumnado de sexto de Primaria comparten connosco as súas investigacións sobre unha das construccións relixiosas mas numerosas e, ao mesmo tempo, mais curiosas da zona sur de Ourense: os petos das ánimas

EU TAMÉN MEREZO UNHA RÚA

Alumnado de sexto de Primaria fálanos de Antonia Ferrín, a galega elexida para o proxecto “Eu tamén merezo unha rúa” Podes ver todo o proxecto pulsando no seguinte enlace

CANTAR DE CEGO: Romance da Historia da Lingua Galega

Alumnado de sexto de Primaria recitan o romance “Historia da Lingua Galega” do mestre Darío Xohán Cabanas

EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Alumnos e alumnas de 3º ESO len o capítulo 3 do libro “El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha”

HOMENAXE A ROSALÍA

Lectura homenaxe das alumnas e alumnos de Terceiro de Primaria á Rosalía de Castro no día no que se conmemora o seu nacemento