DSC_8361

Obradoiros

Os obradoiros teñen como principal obxectivo facilitar a conciliación familiar polas tardes; realización de actividades gratuítas co profesorado do propio centro en diferentes franxas de idade.

Os obradoiros serán de 2 horas cada tarde (15:15-16:15/cambio/16:15-17:15), con inscrición por hora/día.

A entrega e recollida do alumnado durante os cambios horarios sinalados farase pola porta lateral do salón de actos.

Para calquera emerxencia durante ese tempo chamar ao 698121574.

Os obradoiros cambiarán de temática ao longo do curso aproximadamente cada dous/tres meses.

DURANTE OS MESES DE SETEMBRO E XUÑO OS OBRADOIROS SERÁN SUBSTITUÍDOS POR ACTIVIDADES DE LECER.

Inscríbete ás tardes/obradoiros a través do seguinte formulario

* ACTIVIDADES DE LECER (previa inscrición) de 15:15 a 16:15 horas e de 16:15 a 17:15 horas, dirixidas polo profesorado do centro, dende o 11 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2023. 3 do 2024 ao 20 de xuño de 2024.

* OBRADOIROS gratuítos (previa inscrición) de 15:15 a 16:15 horas e de 16:15 a 17:15 horas, dirixidos polo profesorado do centro, dende o 2 de outubro de 2023 ata o 31 de maio de 2024.

Lembra que debes utilizar o enderezo de correo electrónico do alumno ao que queres inscribirte.

Se es novo alumno do centro debes poñerte en contacto coa secretaría.