DSC_9165

Plataforma dixital

A plataforma dixital actúa como un portal bidireccional de comunicación imprescindible entre a familia e o centro, facilitando un intercambio de información continuo e eficaz.

Cada nai,  pai ou titor/a legal  terá un usuario e contrasinal para acceder con seguridade á información académica dos seus fillos/as. (Saber máis)

Esta ferramenta en liña permítelle ás familias acceder a información  sobre o rendemento académico, comportamento,   puntualidade e asistencia a clases dos seus fillos/as en tempo real, así como coñecer  anuncios importantes e próximos eventos.

Así mesmo, é un medio directo de comunicación co profesorado, polo que as familias poden enviar mensaxes, solicitar reunións e recibir comentarios sobre o progreso educativo dos seus fillos e  recursos educativos complementarios que poden empregar para apoiar a aprendizaxe na casa, reforzando así o vínculo educativo fóra da aula.

Esta integración da tecnoloxía no proceso educativo non só optimiza a xestión da comunicación, senón que favorece unha participación máis activa das familias no itinerario académico dos seus fillos, contribuíndo de xeito importante a un ambiente educativo colaborativo e cohesionado.

A transparencia e accesibilidade contribúe a reforzar a relación entre o fogar e a escola, garantindo que ambas partes estean informadas e comprometidas coa educación do alumnado.