DSC_8617

Transporte

O traxecto convértese nun bo momento para traballar aspectos tan importantes como a autonomía do alumno e o respecto ás normas de tráfico. En todas as rutas hai un acompañante que se encarga de asistir ao alumnado en caso de producirse algunha incidencia.

O servizo de transporte realízase a través dunha empresa externa coa que se pode contratar a recollida nalgún dos puntos asignados da ruta. Decreto 444/1996, do 13 de decembro e orde do 15 de xaneiro de 1997 polo que se regulan as actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios.