http://picasion.com/

2022/2023

1 de SEP

  • Deixa de funcionar a aplicación que se viña empregando para a comunicación centro/familias e familias/centro. Neste curso mellorarase este servizo. Obterán máis información nas vindeiras datas. Mentras tanto comuniquen a través do correo electrónico do centro info@luisvivesourense.com

5 de SEP

  • Plan de acollida alumnado de 4º de Infantil (3 anos). Horario personalizado

6 de SEP

  • Plan de acollida alumnado de 4º de Infantil de 11:00 a 11:30. Grupo pequeno.
  • Plan de acollida alumnado de 4º de Infantil de 11:45 a 12:15. Grupo pequeno.

7 de SEP

  • Plan de acollida alumnado 4ºInfantil de 11:30 a 12:15. Todo o grupo.
  • Plan de acollida alumnado novo no centro ás 11:00h.

Todo o alumnado novo no centro de calquer nivel (Infantil, Primaria, ESO) poderá pasar coa súa familia a coñecer ao seu novo titor-a, aula, e lugar en que deberá presentarse o 1º día.
Ed. Infantil e Primaria no hall principal, onde serán recibidos polos seus novos titores.
ESO no hall traseiro do edificio onde serán recibidos polos seus titores.

8 de SEP

Día de presentación Infantil

    • Non traer material escolar
    • Saída do autobús na primeira parada ás 10:45 e sairá do colexio ás 13:50

ENTRADA ás 11:30

SAÍDA ás 13:30

4º Infantil. Directamente a aula.

Polo hall traseiro.

5º Infantil. Calexon lateral Ximnasio.

5ºA Infantil. Hall traseiro

5ºB Infantil. Hall principal

6º Infantil. Calexón lateral Ximnasio.

Polo hall principal.

Día de presentación Primaria

    • Non traer material escolar
    • Saída do autobús na primeira parada ás ??:?? e sairá do colexio ás 13:50

ENTRADA ás 11:45

SAÍDA ás 13:45

Todo o alumnado colarase nas pistas deportivas:

  • 1º, 3º e 5º. Pista cuberta
  • 2º, 4º e 6º. Pistas descubertas

Os adultos non accederán a estes espazos para facilitar os agrupamentos.

  • 1º e 2º. Rampa principal
  • 3º e 4º Lateral pistas deportivas
  • 5º e 6º Lateral pistas deportivas

O alumnado sairá por orde de cursos
acompañado polos docentes ata a liña/logo.

É IMPRESCINDIBLE QUE AS FAMILIAS FACILITEN A ENTREGA DOS DOCENTES POR ORDE DE CURSOS DE XEITO SEGURO PARA O ALUMNADO.

Día de presentación Secundaria

    • Non traer material escolar

ENTRADA ás 12:00

SAÍDA ás 14:00

O alumnado colocarase na pista deportiva cuberta en 4 zonas por cursos.

Serán recollidos polos seus titores, que realizarán o reparto A/B entre niveis.

Lateral pistas deportivas saíndo por orde descendente de cursos. (4º,3º,2º,1º)

IMPORTANTE

  • Os adultos NON PODERÁN ACCEDER AO INTERIOR DO EDIFICIO. (salvo no caso da entrada do alumnado de 4º de Infantil ou en situacións excepcionais de citas presenciais na secretaría do centro)
  • Só un adulto por alumno é suficiente para o acompañamento do alumnado nas entradas-saídas (evitando así aglomeracións innecesarias)
  • Os adultos non poderán achegarse ás filas, deben respectar os circuitos e os espazos de entrega-recollida do alumnado por parte do profesorado, evitado acercarse a outros menores ou realizar interrupcións na entrega ordenada por niveis.
  • A entrada-saída debe ser puntual (nin por exceso nin por defecto) evitando o uso do patio/exterior do centro como lugar de encontro/aglomeración entre alumnado-familias de diferentes niveis.
  • Os espazos de entrada e saída serán os mesmos durante todo o curso.
  • O día de presentación todos os servizos do centro estarán dispoñibles para o alumnado/familias que precisen estar toda a xornada lectiva. (transporte, madrugadores, comedor). 

É OBRIGATORIO A INSCRIPCIÓN PREVIA (A LO MENOS CON 24 H DE ANTELACIÓN) EN CALQUERA DOS SERVIZOS DO CENTRO DURANTE TODO O CURSO.

ESPAZOS E TEMPOS DE RECOLLIDA NOS SERVIZOS DO CENTRO

TRANSPORTE ESCOLAR. O alumnado de transporte ten prioridade sobre o resto do alumnado na entrada-saída do centro, pois debe facelo en grupo acompañados da monitora, pola porta pequena. Rogamos respecten as paradas de autobús e o desprazamento en fila deste grupo que accede directamente ás aulas.

MADRUGADORES. O servizo de madrugadores (7:15- 8:45 h) require de inscrición previa na secretaría do centro para o control das distancias e aforo no mesmo. O alumnado de todas as etapas accede a este servizo polo calexón lateral do centro, porta exterior do salón de actos.

COMEDOR. O alumnado deste servizo é acompañado polo profesorado ata o lugar de recollida dos monitores. A recollida pode realizarse dende ás 14:45 ata as 15:15 h. Rogamos respecten este horario de recollida. 

O alumnado de Infantil recollida no parque infantil ou no ximnasio en caso de mal tempo.

O alumnado de primaria recollida no patio exterior.

9 de SEP

  • Inicio das clases nas 3 etapas con horario de xornada continua. 
    • INFANTIL de 08:40 a 13:40 (a entrada e saída de infantil será 5 minutos antes para facilitar a recepción de irmáns de diferentes etapas)
    • PRIMARIA de 08:45 a 13:45
    • SECUNDARIA de 08:30 a 14:10
  • Saída do autobús da primeira parada ás 08:10 e saída do colexio ao regreso ás 13:50

12 de SEP

  • Inicio da atención de tardes por parte do profesorado. Inscripción previa a través do formulario. (Ver)

Lembra anotarte nas actividades extraescolares (https://luisvivesourense.com/actividades-extraescolares-2/) ou nos obradoiros (https://luisvivesourense.com/obradoiros/). Ambos comezan en outubro.

19 de SEP

  • Para pais/nai/titores con alumnado en 1º, 2º e 3º de Primaria: breve reunión no salón de actos ás 19:00 h. co Equipo Directivo e posterior reunión nas aulas cos titores/as de cada nivel.

  • Para pais/nai/titores con alumnado en 4º, 5º e 6º de Primaria: breve reunión no salón de actos ás 19:45 h. co Equipo Directivo e posterior reunión cos titores/as nas aulas (4º), biblioteca (5º), salón de actos (6º).

21 de SEP

  • Para pais/nai/titores con alumnado en Infantil: breve reunión no salón de actos ás 19:00 h. co Equipo Directivo e posterior reunión nas aulas cos titores/as de cada nivel.

22 de SEP

  • Para pais/nai/titores con alumnado en ESO: breve reunión no salón de actos ás 19:00 h. co Equipo Directivo e posterior reunión nas aulas cos titores/as de cada nivel.

3 de OCT

  • Inicio das actividades extraescolares
  • Inicio dos obradoiros.
  • Inicio das clases dos luns pola tarde en Secundaria