O centro dispón dun comedor con cociña propia e as instalacións necesarias para a elaboración da comida no propio centro.
O servizo contratado cun equipo de profesionais elabora o menú que se renova mensualmente garantindo un adecuado equilibrio dietético.
No comedor escolar os teus fillos/as gozarán dunha alimentación saudable con menús nutritivos, variados e equilibrados, elaborados polo nutricionista e adaptados para todo tipo de alerxias e intolerancias.
Dende o punto de vista educativo, a hora da comida é un momento de convivencia pero tamén de aprendizaxe nutricional. Un lugar privilexiado para apoiar os bos hábitos. Por iso, profesorado xunto co persoal de cociña, coñecen e atenden as diferentes necesidades dos comensais, implicándose para que os seus fillos coman san sen perder de vista as normas de educación na mesa.
As familias, a través da Secretaría, teñen a posibilidade de solicitar o servizo de maneira continuada ao longo do curso, por períodos mensuais ou por día soltos (ata un máximo de 8 días/mes).
Poden anotarse ou anular, puntualmente, a asistencia a este servizo antes das 10:00 horas do mesmo día.
Tamén se dispón de dietas especiales