CONCURSO DE ADORNOS DE NADAL

Un ano máis a ANPA do colexio organiza o concurso de Adornos de Nadal.

DATA LÍMITE DE ENTREGA O 18/12/2020

  • PODERÁN PARTICIPAR TODOS OS ALUMNOS/AS DO COLEXIO.
  • OS TRABALLOS PRESENTARANSE A TRAVÉS DE FOTOGRAFÍAS.
    • SÓ UNHA FOTO POR ALUMNO-A
    • NA FOTO DEBERÁ APARECER O NOME, APELIDOS, IDADE E CURSO DO ALUMNO-A, (datos cuestionario)
  • OS TRABALLOS PODERÁN TAMÉN TRAERSE AO COLEXIO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE ADORNOS DO CONCELLO DE OURENSE “DECORACIÓN DE NADAL NA PRAZA”.

(non serán expostos no colexio, nin serán devoltos aos alumnos-as; os escollidos levaranse directamente á praza de abastos para este 2º concurso)

  • PODEDES UTILIZAR CALQUEIRA MATERIAL, FORMATO OU TÉCNICA LIBRE.
  • ESCOLLERANSE 3 GAÑADORES DE INFANTIL, 6 DE PRIMARIA E 2 DA E.S.O.
  • OS PREMIOS DO CONCURSO DA ANPA CONSISTIRÁN EN VALES PARA GASTAR NUNHA XOGUETERÍA.
  • OS 1º PREMIOS DO CONCURSO DA PRAZA DE ABASTOS CONSISTIRÁN EN LOTES DE PRODUTOS DO MERCADO.

Preme no boton verde para enviar a imaxe e participar no concurso da ANPA

Enviar imaxe

Lembra que podes traer o teu adorno ao centro para participar no concurso do Concello de Ourense