
Benvidos
Colexio Luís Vives dáche a benvida á súa páxina web.
Somos unha cooperativa educativa privada-concertada, laica, plurilingüe con xornada mixta.
A nosa oferta educativa abarca desde os 3 aos 16 anos; incluíndo a Etapa Pre-obrigatoria (Ed. Infantil) e Ensino Obrigatorio (Ed. Primaria e Ed. Secundaria Obrigatoria). Ao longo da nosa traxectoria, logramos formar a persoas comprometidas consigo mesmas e coa sociedade.
O trazo que nos caracteriza é ofrecer un ensino baseado na cooperación e unha educación personalizada como a mellor alternativa para o desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe óptima. Unha acción formativa de máxima calidade xunto coa formación de valores como o respecto, o esforzo, a ilusión e o compromiso, son os nosos obxectivos principais.
Horario Octubre-Maio |
Horario setembro e xuño |
---|---|
Infantil e Primaria
08:45-13:45 E.S.O 8:30-14:10 16:20-18:00 (luns) |
Infantil e Primaria
08:45-13:45 E.S.O 8:30-14:10 . |
Instalacións
Normas
Informámoslles que, tanto para as actividades de Psicomotricidade (Ed. Infantil) Educación Física (Ed. Primaria e ESO) como para as saídas do centro de todas as etapas, é obrigatorio o uso do chándal oficial do Colexio.