Project Description

Desde os 6 aos 12 anos

A etapa de Educación Primaria comprende dos 6 anos aos 12 anos Ten un carácter obrigatorio. Ao longo desa etapa conseguen unha formación integral a través da lectura, o cálculo, a expresión oral e escrita, o estudo, as manifestacións culturais e artísticas…

O sistema de aprendizaxe é dinámico e baseado na acción e experimentación do alumnado. Queremos transmitirlles o gusto por aprender a crear neles a ilusión de traballar.

Dispoñemos dunha inmersión plurilingüe español- galego-inglés. Ensino Activo. Aprenden facendo, descubrindo e investigando con autonomía e seguridade.

Aprender desde a realidade: múltiples actividades, visitas e excursións. Coñecer a xeografía, os feitos históricos onde ocorreron, etc.

Utilización de laboratorios, aulas especializadas (música, teatro, aulas de natureza, iClass, LEIGO Innovation Studio…), TICs: tabletas, computadores, uso de Taboleiros dixitais Interactivos.

Incorporación de valores e hábitos de convivencia na vida diaria do Colexio con especial fincapé na COOPERACIÓN. Motivación absoluta cara ao pracer de aprender e convivir en varias linguas. A maior técnica de motivación é o éxito.

Traballo colaborativo. Videoconferencias con alumnos doutras cidades. Aplicación das intelixencias múltiples.

Deporte, integración en equipos. Xuntos, as alegrías e satisfaccións son maiores.

Infórmate

Programacións 20/21

1º Primaria
4º Primaria
2º Primaria
5º Primaria
3º Primaria
6º Primaria