Benvidos

Colexio Luís Vives dáche a benvida á súa páxina web.

Somos unha cooperativa educativa privada-concertada, laica, plurilingüe con xornada mixta.

A nosa oferta educativa abarca desde os 3 aos 16 anos; incluíndo a Etapa Pre-obrigatoria (Ed. Infantil) e Ensino Obrigatorio (Ed. Primaria e Ed. Secundaria Obrigatoria). Ao longo da nosa traxectoria, logramos formar a persoas comprometidas consigo mesmas e coa sociedade.

O trazo que nos caracteriza é ofrecer un ensino baseado na cooperación e unha educación personalizada como a mellor alternativa para o desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe óptima. Unha acción formativa de máxima calidade xunto coa formación de valores como o respecto, o esforzo, a ilusión e o compromiso, son os nosos obxectivos principais.

Horario Octubre-Maio

Horario setembro e xuño

Infantil e Primaria

08:45-13:45

E.S.O

8:30-14:10

16:20-18:00 (luns)

Infantil e Primaria

08:45-13:45

E.S.O

8:30-14:10

.

Instalacións

Normas

Informámoslles que, tanto para as actividades de Psicomotricidade (Ed. Infantil) Educación Física (Ed. Primaria e ESO) como para as saídas do centro de todas as etapas, é obrigatorio o uso do chándal oficial do Colexio.

  • Os libros teñen que traelos os primeiros días de clases nunha bolsa co seu nome e apelidos (o nome na bolsa, nunca nos libros por se hai algún erro así poder cambialos)
  • Non se poden traer xoguetes nin material escolar de ningún tipo, fóra dos libros de traballo.
  • A comida para media mañá será adecuada ás necesidades nutritivas de cada neno-a, evitando lambetadas.
  • Para beber, poden traer un vaso de plástico nunha bolsa de tea co seu nome.
  • Mandilón co nome e apelidos.
  • A roupa que sexa cómoda, sen tirantes e cintos.
  • A mochila e pezas de abrigo co nome.
  • Traer unha muda nunha bolsa co nome que quedará na clase.
  • Para as clases de psicomotricidade traerán calzado deportivo, o chándal e a camiseta do colexio que se utilizará tamén para as saídas e excursións:
  • En PRIMARIA para as clases de Educación Física traerán calzado deportivo, o chándal e a camiseta do colexio que se utilizará tamén para as saídas e excursións.

  • O uso de dispositivos móbiles (teléfonos, tablet, smartwatches,..) está limitado a actividades dirixidas e deberán permanecer apagados durante o horario lectivo.
  • En SECUNDARIA para as clases de Educación Física traerán calzado deportivo, o chándal e a camiseta do colexio.

0
Estudantes
0
Aulas
0
Profesores