China pertenece al continente asiático, es el país más poblado del mundo.

Su bandera es roja y tiene cinco estrellas amarillas.

En este país se habla chino y su capital es Pekín.

Los chinos son grandes inventores.

Unha auténtica aventura vivimos este curso co proxecto do cole “Luis Vives polo mundo”. Coñecer as diferenzas entre culturas e chegar á conclusión de que todos/as somos iguais pero con costumes diferentes é, sen dúbida, unha forma sa de entender e aceptar a diversidade, fomentando o respecto e o enriquecemento e crecemento individual.

Queredes ver o que aprendemos ao longo destes meses? Mirade, mirade. Mirade canto sabemos!

Pero o máis divertido de todo non foi dicir o que sabemos, o máis divertido foi como o aprendemos!

O primeiro foi buscar as letras de CHINA e colocalas cada unha no seu lugar para poñelas na nosa porta.

Había algunha letra que xa sabiamos como soaba!

Coñecemos a bandeira de China, as súas cores e contamos as estrelas que ten.

En xaneiro celebramos o aninovo Chino, porque xa  sabedes que en China é tradición festexalo nunha data deferente á nosa.

Cada ano se lle dedica a un animal do horóscopo chino. Este ano é o ano do coello e os farolillos non poden faltar na festa máis importante deste país.

Fixemos os nosos propios fideos e…collemos os palillos para ver como comen as persoas de China.
Difícil pero divertido!

Coidamos do noso bonsai. O bonsai é una árbore pequena e, como todas as árbores e plantas, a súa comida é a auga e a luz do sol.

Tamén tivemos na clase o noso bambú ao que vimos como ía crecendo e crecendo. Cada vez tiña máis follas!

Probamos a cometa da clase.

Quedamos abraiados, xirabamos para un lado, xirabamos para o outro…

No salón de actos contáronnos una historia con sombras chinas e ensináronnos como se facía.

Andamos en bicicleta

Ata fixemos un pouco de Taichi co noso mestre Willi!

Tamén nos vestimos cunha roupa moi especial, e tivemos antefaces na clase, fixemos a comparsa no entroido e aprendemos unha canción que a verdade tivo moito ritmo.

Xogamos ao tangram  e a un xogo de parellas para repasar o vocabulario

Fixemos pulseiras da sorte mais palillos chinos para o mercado solidario do cole para colaborar co banco de alimentos.

Unhas poucas fichas para expoñer algunhas cousas aprendidas.

Para aprender todas estas cousas empregamos como fonte de información, como non podía ser doutra forma, os contos. Eses libros que están cargadiños de aventuras apaixonantes.
Tamén algún que outro vídeo onde vimos como voan as cometas, como xogan ao ping pong (que por certo, son rapidísimos), vimos a festa de aninovo onde votaban os fogos artificiais,… Desta forma, fomos creando o noso mapa conceptual.

Así e todo, fixemos un motón de cousas as cales axudáronnos a entender mellor unha cultura diferente: A cultura china, cunhas costumes incribles e cheas de curiosidade.

Sen máis, como se diría dende China : 直到下一次