6º DE INFANTIL VIAXA A EXIPTO
Exipto… menuda aventura! Podemos dicirvos que é un país impresionante que non deixou de sorprendenos e “atraparnos” cada día durante este tempo en que nos adicamos a descubrilo e coñecelo!
Adentrámonos nunha civilicación apaixoante e misteriosa… acompañádenos que vos contamos!
ASÍ COMEZAMOS…
Como para nós ir ata Exipto era moi complicado, foi Exipto o que veu a nós, entrando na nosa aula co seu característico estilo: con enigma, misterio e intriga! E é que non podía ser doutra maneira!Trouxo reto para resolver e unha misión que cumprir.
Exipto acababa de chegar e viña para quedar: así o amosaron as portas das nosas aulas!
Fixémolo tan ben, con pericia, entusiasmo e rápida resolución, que pronto recibimos o seguinte reto en forma de paquete misterioso con nova proba a resolver.
Imprescindible para coñecer ese país ter fontes de onde obter información… e que mellor que uns libros para divertirse, ler e aprender máis!
E QUE APRENDEMOS DE EXIPTO? CONTÁMOSCHE…
Exipto está no continente de ÁFRICA, arriba á dereita. A súa capital e cidade máis importante é “O CAIRO”, e o idioma que falan é o árabe.
Está moi lonxe e descubrimos que para viaxar alí podemos ir en barco cruzando o mar ou en avión.
A súa bandeira ten tres franxas como a nosa, pero cambian as cores. A bandeira exipcia é vermella arriba, no medio branca cunha águia dourada, e negra abaixo.
Descubrimos que por Exipto pasa un RÍO que se chama NILO.
Sabiades que o RÍO NILO é o segundo máis longo do mundo? Pois sí… e foi moi importante para a vida dos exipcios, todo transcorría ó longo das súas beiras.
Era un río no que se podía pescar e ademáis polo que se podía navegar!!! Os barcos que usaban chamábanse FALUAS.
No río Nilo vivían ademáis de peixes, outros animais como patos, hipopótamos e crocodilos!!!
E así o imaxinamos nós…
Pero sen dúbida, polo que máis se coñece a Exipto é polas súas pirámides!
As pirámides non son as casas dos faraóns como pensabamos… son tumbas!!!
Alí enterrábase o faraón cando morría xunto con todos os seus tesouros e pertenzas. Era un lugar cheo de pasadizos secretos e trampas no que ninguén podía entrar… salvo algúns ladróns expertos..que os había!!
As pirámides máis importantes son as de KEOPS, KEFRÉN e MICERINOS.
Da man de Alejandro, unha visita moi especial, adentrámonos no interior da pirámide de KEOPS, ademáis de descubrir moitas outras cousas deste país e do seu traballo alí!
Como quedamos con ganas de máis, visitamos de maneira virtual e sin sair da nosa aula outras tumbas e templos exipcios a través destes enlaces :
https://alicanteout.com/yo-me-quedo-en-casa/egipto-tumbas-virtual/
https://egiptologia.com/category/videos-sobre-el-antiguo-egipto/paseos-virtuales/
Disfrutámolo moito!
E ata fixemos as nosas propias pirámides!
As tres pirámides de KEOPS, KEFRÉN e MICERINOS están nunha gran chaira, a MESETA de GUIZA. Alí a maiores, descubrimos que hay unha ESFINXE que as acompaña. Que é unha esfinxe? Pois unha escultura moi grande que ten corpo de león e cabeza de faraón. E como somos atrevidos, puxémonos mans á plastilina e fixemos as nosas esfinxes!
Chegados a este punto… reto para vós! Adiviña, adiviñanza…
Que é?
Unha MOMIA!!!
Esta parte das temidas momias gustounos moito!!
Unha momia é o corpo do faraón preparado cun laborioso proceso e envolto en vendas. O sarcófago é unha caixa luxosa e de moitas cores na que se gardaba a momia do faraón.
Podémosvos asegurar que Exipto nunca deixa de sorprender! Seguro que xa oistedes falar dos XEROGLÍFICOS, pero para nós foi moi interesante descubrir que os exipcios non escribian con letras, senon que usaban estes símbolos tan orixinais!
Sabiades que os ESCRIBAS, que eran persoas moi respetadas, eran os que os coñecían á perfección? pero para iso tiñan que estudar moitísimo!!! Nós non somos escribas, pero… case!!
Para escribir usaban un papel especial que se chamaba PAPIRO. Este papel facíase a partir dunha planta que se chamaba así, papiro, e que medraba nas beiras do río Nilo.
Investigando, descubrimos que este era o proceso da transformación de planta a papel:
E nós, á falta da planta de Papiro… fixémolo así:
Esto seguro que non o sabiades! os exipcios eran moi supersticiosos e gustaballes usar moitos amuletos para protexerse e ter sorte: a chave da vida ou Ank, o ollo de Horus, os escarabellos ou incluso, as serpes. A súa mascota favorita e protectora era o gato.
E como non! quixemos facer o noso colar protector e da boa sorte! Eleximos o escarabello.
Descubrir o importante que era a imaxe para os exipcios… esto sí que foi alucinante! Os exipcios eran moi presumidos , vestían de branco porque facían as suas prendas con liño, unha planta que cultivaban. Gustáballes a maquillaxe, os perfumes, as perrucas… estar siempre guapos, guapos!
E nós, como somos moi de “facer”, unha vez máis, puxémonos mans á obra para poder ser exipcios/as por un día!
Como vedes, Exipto é un mundo infinito por coñecer!!! Para non esquecer nada, todo o que aprendemos recollémolo cada un de nós neste libriño:
Podemos afirmar,despois de todo este arduo traballo de investigación, que rozamos o nivel “EXPERTO” en exiptoloxía!!!
Cando chegou o final de curso, fixemos a nosa achega para o Mercadillo Solidario “PAÍSES DO MUNDO” ca elaboración duns “pisapapeis exipcios” neste obradoiro de pintado de pedras. Quedaron coloridos e enigmáticos… ata parecen recén chegados das beiras do río Nilo!
E que mellor forma de finalizar e dar clausura a este proxecto do que tanto disfrutamos e aprendemos que con música e dun xeito divertido e festeiro que é o que nos agrada!
Así nos despedimos de Exipto, con entusiasmo e “actitudes danzantes” debutando co noso baile de “ritmos árabes” no festival de fin de curso!