Axuda para renovación de praza / novo ingreso programa Bono Concilia.

FORA DE

PRAZO

Bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Prazo: 28 de xullo – 27 de agosto de 2020

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono concilia as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e mais no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:

a) Facilitar aos órganos competentes toda a información necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da axuda concedida, particularmente a que sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede.

c) Comunicar calquera alteración das condicións que motivaron o seu outorgamento.

d) Subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei..

Solicitude
Máis información

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2019/20

FORA DE

PRAZO

Xúntase a Orde do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.

Prazo: 27 de xullo – 21 de agosto de 2020

Alumnado que cursase durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma
de Galicia, estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en
educación secundaria e ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria
obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Máis información

Axudas para libros e comedores escolares para o curso 2020/2021

FORA

DE PRAZO

O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2020/2021.

Plazo: 22/06/2020 – 13/07/2020

Son destinatarios desta convocatoria, nos termos do artigo 4 das bases xerais reguladoras, as unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros:
  • Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
  • Non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con que convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia).
Solicitude
Máis información

BONO COIDADO EXTRAORDINARIO PARA A INFANCIA

FORA

DE PRAZO

Axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19

Plazo: 13/06/2020 – 13/07/2020

Importe: 500€/mes desde a segunda quincena de marzo ata o 31 de agosto. É dicir, cada familia pode cobrar ata 2.750€.
Finalidade: Pagar a nómina dun coidador a domicilio, ben sexa directamente ou a través dunha empresa. O contato ten que ser posterior á declaración de emerxencia sanitaria
Destinatarios: Familias con fillos de ata 12 anos (estes incluídos), nas que os pais traballen
Requisitos de renda: Ata 806 euros mensuais netos por membro da unidade familiar. Para familias con tres membros ou menos, ata 2.500 mensuais netos en conxunto

Máis información
Presentación electrónica

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da xornada de traballo.

FORA

DE PRAZO

Plazo: 13/06/2020 – 13/07/2020

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas, que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %, e que reúnan certos riquisitos. Clica en máis información.

Máis información
Pesentación electrónica

BONO COIDADO EXTRAORDINARIO PARA A DEPENDENCIA

FORA

DE PRAZO

Concesión das axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19

Prazo: 13/06/2020 – 13/07/2020

Importe: 500 €/mes desde a segunda quincena de marzo ata o 31 de agosto. É dicir, cada familia pode cobrar ata 2.750 €.
Finalidade: Pagar a nómina dun coidador a domicilio, ben sexa directamente ou a través dunha empresa. O contrato ten que ser posterior á declaración de emerxencia sanitaria
Destinatarios: Persoas maiores ou con discapacidade usuarias dun centro de día ou ocupacional (tanto público como privado)
Requisitos de renda: Non hai

Máis información

Axudas ás familias de alumnado beneficiario das bolsas de comedor

FORA DE PRAZO

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19

Máis información