Views Navigation

Navegación de vistas de Actividad

Hoxe

Proxecto habilidades cognitivas e instrumentais

Colexio Luis Vives Aira do Fonsillón, 4, Ourense, Ourense

O noso centro vai a colaborar co Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Universidade de Vigo nunha investigación sobre a aprendizaxe da lectura, escritura e matemáticas. A finalidade é determinar fortalezas ou dificultades e desenvolver propostas de actuación. Esta investigación proporcionará datos de interese para a comunidade educativa. Como toda investigación está sometida ás cláusulas deontolóxicas, de boas prácticas e confidencialidade. [...]

Visita Mabel Rivera

Colexio Luis Vives Aira do Fonsillón, 4, Ourense, Ourense

O alumnado de 4º da ESO disfrutou dunha posta en escena coa gran Actriz Mabel Rivera. Dentro do proxecto "aulas con nomes propio" organizouse esta visita que é un auténtico previlexio poder contar con esta gañadora dun Premio Goya no noso centro. Este é un video resumo da sua visita.

Noite Galega das persoas investigadoras

Noite Galega das Persoas Investigadoras A Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo achegouse ao colexio para levar a cabo unha actividade, dentro do marco da “Noite Galega das Persoas Investigadoras”, un evento que se organiza a nivel comunitario para achegar o labor das científicas e científicos á sociedade. Nesta actividade fixeron experimentos prácticos, coñeceron máis sobre as algas [...]

Atletismo. Edymar Brea

Desde o centro e dentro da programación do noso proxecto "Deporte, educación e saúde",  cuxo obxectivo é valerse de cualquer oportunidade para potenciar o deporte e por tanto a salúde a través da educación, contamos coa visita do club "Ourense Atletismo" Teremos o privilexio de contar coa presenza de: - a Atleta internacional venezolana Edymar Brea Abreu, (campiona Iberoamericana de 10000 e 5000 m.) [...]

Ciclo de conferencias Escola de Saúde Luis Vives. Cancro de mama

Esta tarde no colexio asistimos á conferencia sobre o cancro de mama que correu a cargo do Dr. Manuel García García, xefe de ciruxía e coordinador da unidade de mama no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e o xefe de sección do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense Pedro Trillo.

Aprendendo a emprender

O alumnado de 4º de ESO recibirá a presentación do programa "Aprendiendo a Emprender, Despertando a conciencia empresarial entre os novos",  que se inicia este ano no colexio en convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE).  Este programa voluntario para o alumnado é un proxecto práctico que busca concienciar e formar ás futuras xeracións sobre cultura empresarial. [...]

Mes solidario – La Palma

Comezamos o mes solidario. Unha actividade impulsada desde a biblioteca e que consta de varias actividades como doazón de libros, envío de cartas,.. Sobre este último fíxose eco na Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2021/11/09/viaje-postal-palma/0003_202111O9C8993.htm Maís información sobre a doazón de libros na web de A luviteca: http://aluviteca.blogspot.com/ ou nas nosas redes sociais.

Nutrición: benestar e saúde

Momentos agradables e de sabiduría aberto a todos os públicos na Conferencia organizada pola Escola de Saúde Luis Vives. Esta vez coa Dra. Cristina Guillín Amerelle, especialista en endocrinoloxía e nutrición na área de nutrición hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.