Admisión de alumnado de nova incorporación

2021/2022

Solicita unha visita personalizada para coñecernos no teléfono 988 242 000 e explicarémosche o funcionamiento do Colexio.

Entre o 1 e o 22 de marzo (ambos incluidos) realizarase o procedemento de admisión de novo alumnado para o curso 2021-2022.

O formulario de solicitude está disponible en:

A presentación pode ser de forma presencial no centro (por medidas COVID deberá pedir cita previa por teléfono), ou directamente a través da aplicación da Xunta “admisiónalumnado” (solicitudes>admisión).

Ante calquer dubida ou aclaración non dubiden en poñerse en contacto no teléfono 988 242 000 ou no correo electrónico info@luisvivesourense.com

Calendario do proceso

Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro (para el alumnado que pretenda continuar estudios en un centro de adscripción).

Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

Presentación da solicitude de admisión: 1 – 22 de marzo (ambos incluidos).

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Ata o 9 de abril

Publicación das listaxes provisionais de personas admitidas e non admitidas: antes del 26 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de personas admitidas e non admitidas: antes do 18 de maio.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

Formalización da matrícula en ESO: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Plazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO: Do 1 ao 10 de setembro

Normativa

  • DECRETO 254/2012, de 13 de decembro , polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE de 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE de 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).