Views Navigation

Navegación de vistas de Actividad

Hoxe

A Esmorga

O alumnado de 4º de ESO disfrutou moito co filme "A Esmorga" de Igancio Vilar. Actividade dentro do proxecto que están a realizar sobre esta obra de E. Blanco Amor. Este visionado axuda a comprender mellor a época e costumes daquel momento.

Ciberseguridade

Dende o ano 2012, a Unión Europea ven celebrando en outubro o Mes Europeo da Ciberseguridade co fin de promover unha contorna dixital segura a todos os niveis. Desde o centro o alumnado de 4º de Primaria asistíu ás videoconferencias sobre ciberseguridade: Fornitte, Minecraft, Tortillalsnd, xogos de nenos,..

Aprendendo a emprender

O alumnado de 4º de ESO recibirá a presentación do programa "Aprendiendo a Emprender, Despertando a conciencia empresarial entre os novos",  que se inicia este ano no colexio en convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE).  Este programa voluntario para o alumnado é un proxecto práctico que busca concienciar e formar ás futuras xeracións sobre cultura empresarial. [...]

Ti si que es un BO PEIXE

Achegámonos ao mar. Descubrimos os beneficios e fomentamos o consumo de Peixe a través da actividade "Ti si que es un BO PEIXE da Xunta de Galicia.

Concurso Factura da Luz EGC

Un dos principais gastos dentro da economía doméstica é o destinado ao pago da factura eléctrica. Consciente da importancia que ten a factura da luz para todos os consumidores e usuarios, a Escola Galega de Consumo (EGC) conta co programa Dálle luz á túa factura. O programa Dálle luz á túa factura ten como obxectivo achegar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura [...]

Mes solidario – La Palma

Comezamos o mes solidario. Unha actividade impulsada desde a biblioteca e que consta de varias actividades como doazón de libros, envío de cartas,.. Sobre este último fíxose eco na Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2021/11/09/viaje-postal-palma/0003_202111O9C8993.htm Maís información sobre a doazón de libros na web de A luviteca: http://aluviteca.blogspot.com/ ou nas nosas redes sociais.

Domingo de teatro. La loca historia de la literatura

Domingo pola mañá...Que podo facer? Pois ir ao teatro coa profe Raquel. O alumnado de Secundaria asistíu ao Teatro Principal para ver: La loca historia de la literatura, de Poniente Teatro. Que divertido!! Conseguimos autógrafos firmados nas entradas, pasámolo xenial e desfrutamos deste marabilloso arte.... O teatro!!

Os camiños da Lingua

O alumnado de 3º de Primaria desfrutou desta interesante actividade na Luviteca onde fixeron actividades de tradicións da cultura galega. Traballaron en grupos e tamén cantaron, recitaron trabalinguas, os monumentos mais importantes das ciudades galegas.En fin coñecer lingua e tradicións da nosa terra.

Sportur

"Mens sana in corpore sano". O alumnado de 4º de Primaria nunha nova edición de Sportur en Expourense

Obradoiros

Rematou a primeira fase dos obradoiros. O alumnado pasouno moi ben. Estas son algunhas das actividades realizadas.